Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

DG ENTR nº 21/G/ENT/ERA/11/311A : Convocatoria de propostas Erasmus para mozos emprendedores.

Programa

ERASMUS PARA MOZOS EMPRENDEDORES

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa Erasmus para novos emprendedores é elexir aos organismos intermedios que xestionarán a mobilidade
dos mozos emprendedores para axudar a estes a enriquecer as súas experiencias, así como a aprender e relacionarse con outros emprendedores mediante estadías en empresas postas en marcha por emprendedores noutros Estados membros da UE.

Obxectivo específico da convocatoria

A elección dos organismos intermedios que xestionarán a mobilidade dos empresarios.

Destinatarios

Cualquera entidade pública ou privada activa no eido do apoio ás empresas, en particular entidades públicas responsables en materia de asuntos económicos, empresa, apoio empresarial ou cuestións conexas, as cámaras de comercio e industria, as cámaras de oficios e organismos similares, as organizacións de axuda ás empresas e os viveiros de empresas, as asociacións empresariais e as redes de apoio a empresas ou as entidades públicas e privadas que ofrezan servizos de apoio ás empresas.

Socios

Os solicitantes, que deben estar emprazados nun Estado membro da UE, poden presentarse de forma individual ou constituir un consorcio que deberá estar formado por un mínimo de dúas entidades xurídicas independentes, procedentes dun mesmo Estado membro da UE ou de varios Estados membros.

Financiamento

A axuda financeira da Comisión será como máximo do 90% dos custes admisibles e totais dun determinado proxecto, e en todo caso, ningunha subvención será superior a 180.000 EUR no caso das asociacións, nin de 150.000 EUR no caso de solicitudes individuais.

Orzamento total da convocatoria

4.300.000 EUR

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 21 meses.

Data de publicación

31/08/2011

Data límite de solicitude

17/10/2011

Documentación

Contacto

European Commission
Enterprise and Industry DG
Communication and Information Unit R4
BREY 13/092
B - 1049 Brussels (Belgium)

Email: entr-erasmus-call@ec.europa.eu .

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante