Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERASMUS PARA EMPRENDEDORES 2010

Programa

ERASMUS PARA MOZOS EMPRENDEDORES

Obxectivo xeral

O obxectivo deste programa é axudar aos novos emprendedores da UE a enriquecer as súas experiencias, así como aprender e relacionarse con outros emprendedores mediante estancias en empresas postas en marcha por emprendedores noutros Estados membros da UE. O obxectivo último desta acción preparatoria é potenciar o espírito emprendedor, a internacionalización e a competitividade das PEMES europeas e os potenciais emprendedores e as recentemente establecidas micro e pequenas empresas na UE.

Obxectivo específico da convocatoria

• Proporcionar coñecementos de primeira man aos xoves emprendedores en PEMEs en calquera lugar da UE para facilitarlles un comezo e un desenvolvemento exitoso das súas ideas de negocio;

• Promover o intercambio de experiencias e información entre emprendedores sobre os obstáculos e os retos da posta en marcha e desenvolvemento dun novo negocio;

• Aumentar ó acceso aos mercados e a identificación de socios potenciais para novos negocios establecidos noutros países da UE.

• Apoiar o establecemento de contactos entre emprendedores de Estados membros diferentes mediante a construción dun coñecemento e experiencia comúns.

Eidos de actuación

As actividades desenvolvidas baixo este programa buscan favorecer o contacto entre novos emprendedores e emprendedores veteranos para favorecer a cooperación e o intercambio de experiencias. Para iso o programa “Erasmus para mozos emprendedores” organízase en dous lotes que subvencionan diferentes accións promovidas desde as organizacións intermediarias, que logo se encargan de publicar as convocatorias para a participación dos mozos emprendedores :


• Lote 1: Financia organizacións que aumenten e faciliten a mobilidade de novos emprendedores: a intención desta medida é seleccionar un número de proxectos presentados por entidades públicas ou privadas, de forma individual ou asociada (cun mínimo de dúas entidades dun ou varios Estados membros). Será nos chamados Organismos Intermediarios (IOs en inglés) que se ocuparán de cooperar coas demais organizacións e autoridades participantes no programa, facilitando a participación de novos emprendedores nas actividades de mobilidade. Recibirán apoio das oficinas de apoio seleccionadas baixo o seguinte lote.

• Lote 2: Financian o establecemento de dunha organización que apoie, coordine e estableza redes relacionadas coas actividades mencionadas no lote 1. A intención deste lote é seleccionar un único corpo que coordine as actividades dos entes creados baixo o lote 1. Este apoio será requirido para cooperar estreitamente coa Comisión Europea e os partenariados europeos e Organismos Intermediarios seleccionados no lote 1.

Destinatarios

No caso das organismos intermediarios poderá participar calquera entidade legal pública ou privada, establecida nun Estado membro da UE, cuxa actividade principal estea no eido do asistencia empresarial, en concreto:

• Autoridades públicas responsables ou que actúen no eido de asuntos económicos, empresa, apoio empresarial ou temas relacionados;

• Cámaras de comercio e industria, cámaras de artesanía ou corpos similares;

• Organizacións de apoio empresarial ou viveiros de empresas;

• Asociacións de negocios e redes de apoio empresarial;

• Entidades públicas ou privadas que ofrezan servizos de apoio empresarial;

Poderán beneficiaranse das convocatorias ofrecidas polos organismos intermediarios seleccionados:

• Novos emprendedores: aqueles que planificaron de maneira firme a creación dunha empresa ou aqueles que estableceron a súa empresa nos últimos tres anos.

• Emprendedores anfitrións: xente con gran experiencia no mundo dos negocios que posúan ou xestionen unha PEME en Europa.

• Tanto uns como outros poden provir de calquera sector de actividade. O novo emprendedor tomará a experiencia do seu anfitrión e, ao mesmo tempo, contribuirá ao negocio deste co seu traballo, novas ideas e novos puntos de vista.

Socios

As organizacións intermedias poden presentar proxectos de forma individual ou en consorcios de polo menos dous socios do mesmo ou de Estados membros diferentes.

Os novos emprendedores e os empresarios anfitrións deben de ser de Estados membros distintos.

Financiamento

A UE cofinancia os gastos elixibles ata un máximo dun 90% para as iniciativas presentadas en calquera dos dous lotes.

O orzamento máximo destinado a proxectos dentro do Lote 1 será 180.000 euros por consorcio e 150.000 euros por solicitude individual.

O orzamento máximo para proxectos do Lote 2 será de 350.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria ascende a 4.3 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración das estancias variará entre 1 mes e 6 meses.

A duración máxima das accións subvencionadas para as entidades organizadoras é:

• Lote 1: 21 meses
• Lote 2: 25 meses

Data de publicación

27/05/2010

Data límite de solicitude

28/06/2010

Documentación

Contacto

European Commission
Enterprise and Industry Directorate-General
Directorate E - Promotion of SMEs’ competitiveness
Unit E.1 - Entrepreneurship
E-mail address: entr-erasmus-call@ec.europa.eu
Office address: BREY 06/284
B-1049 Brussels, Belgium

Comentarios

• Só unha parte dos proxectos poderá ser subcontratada: 10% nos proxectos do Lote 1 e 30% nos do Lote 2.

• A Comisión intentará que polo menos unha OI de cada Estado membro reciba financiamento. No caso de Francia, Alemaña, Italia, Polonia, Romanía, España e o Reino Unido, recibirán polo menos 3 por tratarse dos países máis poboados.

• As solicitudes poderán enviarse por mail certificado, correo ou presentalas persoalmente.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante