Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

METP5 (2010/2011) - Intercambio e formación de directivos UE-China

Programa

METP - PROGRAMA DE INTERCAMBIO E FORMACIÓN DE DIRECTIVOS UE-CHINA

Obxectivo xeral

Apoiar o proceso de reforma chino e promover o mutuo entendemento entre China e a UE mediante o desenvolvemento dos Recursos Humanos e a mellora da xestión e intercambio cultural dos actores comerciais clave deste país asiático.

Eidos de actuación

  • Formación de directivos chineses.

  • Formación de directivos da UE:

    Ofrécese ás empresas con sede na UE a posibilidade de formar aos seus empregados para que se convertan en expertos competentes para o mercado chinés. A idea é que estes expertos utilicen as súas habilidades e contactos recentemente adquiridos para realizar negocios con China. Durante o METP, os directivos europeos elixidos reciben sete meses de formación en idioma chinés comercial e formación intercultural, asisten a seminarios deseñados á súa medida e realizan visitas a compañías, cidades e organismos administrativos chineses. Así mesmo, os participantes realizan prácticas profesionais de tres meses nunha empresa do devandito país.

  • Desenvolvemento de capacidades e habilidades interculturais.

  • Cooperación coa EUCMA - Asociación de directivos da UE-China.

  • Capacitación das institucións chinesas.

Destinatarios

Executivos de:

- Pemes
- Organizacións Non Gobernamentais (ONG)
- Empresarios independentes

Financiamento

Taxa de financiamento do 100%.

Ademais da organización de toda a estancia, a UE cubrirá todos os custos de ensino e ofrecerá aos participantes unha asignación mensual para gastos (1.000 euros).

Orzamento total da convocatoria

23.000.000 de euros.

Duración do proxecto

10 meses: desde maio de 2010 a marzo de 2011.

Data de publicación

21/09/2009

Data límite de solicitude

07/01/2010

Documentación

Contacto

METP Beijing Office
METP
Suite 507, Towercrest Praza (Xinhengji Dasha)
100016, PR CHINA- Beijing
Tel.: 86-10-8458 0585
Fax: 86-10-8458 0965
E-mail: info@metp.net.cn

Se desexa obter información xeral sobre o METP, visite o sitio www.metp.net.cn ou ben contacte coa liña de atención do METP no número +49 6915402 638.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante