Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Cursos WMC de 5 días en Xapón para executivos e directivos europeos en outubro de 2011

Programa

COOPERACIÓN INDUSTRIAL UE-XAPÓN

Obxectivo xeral

Os métodos de produción nipóns ofrecen a mellor práctica en produción, custos de implementación, seguro de calidade e produción eficiente.

Moitas firmas xaponesas que se adican á manufactura de clase mundial (WCM) teñen disfrutado de considerable éxito no uso e desenvolvemento de principios únicos nas súas manufacturas.

Este programa de formación para executivos e directivos europeos de 5 días de duración proporciona unha análise en profundidade da metodoloxía de fabricación xaponesa.

Este curso de formación consiste na asistencia a conferencias e talleres así como en visitar algunhas das fábricas máis avanzadas do mundo nipón para entender o verdadeiro ”Gemba” (o lugar de produción).

Obxectivo específico da convocatoria

  • Descubrir o denominado World-Class Manufacturing.

  • Análise e estudo dos motivos polos cales as empresas niponas acadan estándares superiores de produción.

  • Centrarse nas últimas tendencias visitando as plantas líderes de fabricación en Xapón.

  • Coñecer os líderes industriais mediante intercambios con altos directivos xaponeses.

Eidos de actuación

O programa divídese nos seguintes bloques:

  1. Primeiro bloque: conferencias, seminarios e foros de debate liderados por expertos da industria xaponesa.

  2. Segundo bloque: visitas guiadas a empresas de:

    • Produtos químicos e plásticos;
    • Máquinas e aparellos;
    • Os produtos de aceiro;
    • Industria do automóbil.

Destinatarios

Os principais criterios de selección son os seguintes:

  • O candidato debe ser un executivo ou directivo das seguintes categorías:

    • Xefe de división ou xerente industrial.

    • Director ou encargado de Operacións e Loxística.
    • Xefe de planta e/ou director de calidade.
    • Director xeral dunha empresa de manufacturas.
  • Criterios de elixibilidade:

    • O candidato debe ser cidadán dalgún país membro da UE.

    • A empresa para a que traballe ha de ser unha entidade xurídica na UE que apoie a súa participación no programa.
    • Debe participar na totalidade do programa.
    • Bo coñecemento de inglés.
    • Estar familiarizado con métodos e estratexias de produción vangardistas.
    • Experiencia aproximada de 10 anos en xestión de operacións ou ter un avanzado coñecemento e práctica sobre métodos de produción.
  • Os criterios máis valorados á hora da selección son:

    • O candidato debe contar cunha recoñecida bagaxe académica e profesional.

    • A compañía candidata debe aplicar algúns dos métodos de produción que van ser obxecto de estudo KAIZEN, JIT ou TQM (Total Quality Management).

Financiamento

O Centro UE-Xapón cobre os gastos de matrícula, clases, interpretación e gastos de viaxe para as visitas en Xapón.

Todas as empresas deberán achegar 2.000 euros en concepto de garantía, que non será devolto. Non obstante, as pemes poden solicitar unha axuda de 600€ e realizar depósito de 1.000€, que será reembolsado nas oito semanas seguintes á finalización do curso se se asiste ao curso e non hai pagos pendentes.

As empresas dos participantes deben cubrir os gastos de viaxe de ida e volta a Xapón, aloxamento e outros gastos non cubertos polo Centro UE-Xapón.

Duración do proxecto

A estadía terá unha duración de 5 días, do 17 ao 21 de outubro de 2011.

Data de publicación

10/05/2011

Data límite de solicitude

23/06/2011

Documentación

Contacto

Céline Godart
Programme Manager
Tel: +32 (0)2 282 37 16
Fax: +32 (0)2 282 00 45

Comentarios

Co fin de garantir un alto grao de atención persoal, o número de participantes en cada programa é limitado.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante