Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

WCM. Curso sobre as técnicas de fabricación en empresas xaponesas.

Programa

COOPERACIÓN INDUSTRIAL UE-XAPÓN

Obxectivo xeral

Analizar en profundidade a metodoloxía de fabricación xaponesa nas empresas e incentivar aos xestores e executivos de empresas da UE a coñecer máis en profundidade o ”Control total de calidade” (TQC), ”Xestión Total da Calidade” (TQM), ”Mantemento Total da Producción” (TPM), ”Técnicas En tempo” (JIT), ”Enxeñería Industrial Global” (TIE) e as actuais técnicas de mellora constante nos métodos de fabricación.

Obxectivo específico da convocatoria

-Achegar os métodos xaponeses de traballo en empresas, e dalos a coñecer nas empresas da UE.
-Aprender cómo as empresas xaponesas consiguen uns estándares de producción máis elevados que os das empresas da UE.
-Coñecer as últimas tendencias na producción manufactureira xaponesa.
-Coñecer os líderes da industria xaponesa e os das empresas europeas.

Eidos de actuación

-Conferecias, talleres e seminarios impartidos por expertos xaponeses na industria, sobre temas como a xestión de RRHH, reducción do tempo de traballo, sistema de producción elevado, mellora da capacidade de producción,...

Destinatarios

Directivos, executivos e xestores de empresas da UE.
Poden ser:
-Directores de divisións ou Directores Industriais.
-Directivos e executivos dos departamentos de ”Operación e Loxística”
-Xestor de Planta, Director de Calidade e Excelencia.
-Directores-Xestores en empresas manufactureiras.
Requisitos:
-Cidadán da UE, que traballe para unha persoa xurídica da UE, disposto a participar no programa completo, cun bo nivel de inglés, con, al menos, 10 anos de experiencia en operacións de xestión e con coñecementos e prácticas dos métodos de producción.

Financiamento

O Centro cubrirá os gastos de matrícula, os de viaxes específicos (previstos no programa) e os de interpretación.
As PEMES poderán solicitar unha bolsa de 600 € para dietas
Os participantes pertencentes a PEMES da UE deberán facer un depósito de 1000 € que lle será devolto nas 8 semanas posteriores ao peche do curso.
Os participantes pertencentes a empresas que non sexan PEMES deberán pagar 2000 €.
Os participantes deberán costear os gastos da viaxe e estancia.

Duración do proxecto

XUÑO 2011
-5 días, dende o 27 de xuño ata o 1 de xullo de 2011
OUTUBRO 2011
-5 días, dende o 17 ata o 21 de outubro de 2011.

Data de publicación

01/12/2010

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

Céline Godart
Xestora do Programa
Tel.: +32 (0)2 282 37 16
Fax: +32 (0)2 282 00 45
E-mail: office@eu-japan.eu

Comentarios

Hai dúas convocatorias ao longo do ano, pódense enviar solicitudes durante todo o ano.
XUÑO 2011: Pódense enviar solicitudes ata o 24/03/2011
OUTUBRO 2011: Pódense enviar solicitudes ata o 09/06/2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante