Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Prácticas en Xapón para executivos e directivos europeos (WCM:Training course in Japan for EU executives and managers)(2010)

Programa

COOPERACIÓN INDUSTRIAL UE-XAPÓN

Obxectivo xeral

Os métodos de produción en Xapón son altamente recoñecidos por ofrecer as mellores prácticas produtivas en canto ó referente a custos de implementación, seguridade e garantías nos resultados. Por iso, World Class Manufacturing training mision, achega aos executivos e directivos europeos o coñecemento e análise da metodoloxía de manufacturación en Xapón.

Obxectivo específico da convocatoria

• Descubrir o denominado World-Class Manufacturing.

• Análise e estudo dos motivos polos cales as empresas xaponesas alcanzan estándars superiores de produción.

• Centrarse nas últimas tendencias visitando as plantas líderes de fabricación en Xapón.

• Coñecer os líderes industriais mediante intercambios con altos directivos xaponeses.

Eidos de actuación

O programa divídese nos seguintes bloques:

• Primeiro bloque: conferencias, seminarios e foros de debate liderados por expertos da industria xaponesa.

• Segundo bloque: visitas guiadas ás empresas.

Destinatarios

Os principais criterios de selección son os seguintes:

• O candidato debe ser un executivo ou directivo das seguintes categorías:

- Xefe de división ou xerente industrial.
- Director ou encargado de Operacións e Loxística.
- Xefe de planta e/ou director de calidade.

• Criterios de elixibilidade:

- O candidato debe ser cidadán dalgún país membro da UE.
- A empresa para a que traballe ha de ser unha entidade xurídica na UE.
- Debe participar na totalidade do programa.
- Bo coñecemento de inglés.
- Estar familiarizado con métodos e estratexias de produción vangardistas.
- Experiencia aproximada de 10 anos en xestión de operacións ou ter un avanzado coñecemento e práctica sobre métodos de produción.

• Os criterios máis valorados á hora da selección son:

- O candidato debe contar cunha recoñecida bagaxe académica e profesional.
- A compañía candidata debe aplicar algúns dos métodos de produción que van ser obxecto de estudo KAIZEN, JIT ou TQM (Total Quality Management)

Financiamento

O EU-Japan Center cobre os gastos de matrícula, clases, interpretación e gastos de viaxe para visitas en Xapón.

Todas as empresas deberán achegar 1.000 euros en concepto de garantía. No caso das PEMES esta cantidade será reembolsada nas oito semanas seguintes á finalización do curso. Para o resto das empresas esta cantidade non será reembolsable.

Os participantes das PEMES poden solicitar unha beca de 1.000 yens ó día para gastos de manutención, completando o formulario que lles será enviada se é seleccionado para o curso.

Duración do proxecto

Convocatoria xuño: 28/06/2010-02/07/2010

Convocatoria outubro: 18/10/2010- 22/10/2010

Data límite de solicitude

25/03/2010

Documentación

Contacto

Céline Godart Programme Manager Tel: +32 (0)2 282 37 16
Fax: +32 (0)2 282 00 45
Email : c.godart@eu-japan.eu

Emi Shibuya Programme Manager Tel: +32 (0)2 282 00 42
Fax: +32 (0)2 282 00 45
E-mail:e.shibuya@eu-japan.eu

Comentarios

Existen dúas datas límites para a solicitude, unha por cada convocatoria:

Convocatoria xuño: 25/03/2010

Convocatoria outubro: 10/06/2010

A garantía non será reembolsada no caso de cancelación da praza.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante