Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa de prácticas para executivos (The Executive Training Programme- ETP)

Programa

COOPERACIÓN INDUSTRIAL UE-XAPÓN

Obxectivo xeral

ETP é un programa de desenvolvemento profesional para executivos europeos, desexosos de alcanzar o éxito profesional no mercado xaponés ou coreano.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Aprendizaxe e coñecemento da lingua, a sociedade e o mundo dos negocios
  • Análise e estudo especializado do mercado
  • Inmersión completa nunha das máis importantes economías asiáticas
  • Networking: establecemento de contactos útiles
  • Estímulo na carreira internacional
  • Experiencia única para o desenvolvemento persoal

Eidos de actuación

  • Módulo de iniciación. Introdución á cultura, lingua e costumes comerciais en Xapón e Corea. Desenvolvido a tempo parcial nunha das seguintes universidades: Ciencias Políticas de París, SOAS de Londres ou SDA Bocconi de Milan
  • Módulo de Inmersión: Formación nas Univesidades Waseda University (ETP Japan) or Yonsei University (ETP Korea)
  • Módulo de Prácticas nunha compañía xaponesa ou coreana durante os últimos tres meses do programa

Destinatarios

Requisitos esixidos ás empresas que queiran participar:

  • Realizar exportacións ou investimentos nestes países ou plans de realizalas no futuro
  • Estar establecida en Europa
  • Empregar un mínimo de cinco persoas e unha facturación anual dun millón de euros ou máis
  • Estar disposta a correr cos gastos de vivenda do participante durante a duración do programa
  • Estar disposta a manter o contacto co participante e seguir o desenvolvemento do programa


Requisitos esixidos ao executivo participante:
  • Excelente dominio do inglés
  • Nacionalidade europea
  • Ser empregado da empresa participante no programa
  • Non ter participado anteriormente no ETP
  • Unha recoñecida bagaxe académica e profesional

Financiamento

Cofinanciación de ata 24000€ por parte da Comisión Europea, máis unha contribución adicional en concepto de gastos de aloxamento e manutención que a empresa promotora comprométese a facilitar

Duración do proxecto

De marzo de 2009 a marzo de 2010

Data límite de solicitude

03/10/2008

Documentación

Contacto

HIGH COUNCIL OF SPANISH CHAMBERS OF COMMERCE Carmen Pérez Otaola
Micaela Picazo Piqueras: +34 915 906 971