Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Prácticas en Xapón para empresarios europeos
(HRTP: Training course in Japan for EU industrial managers)

Programa

COOPERACIÓN INDUSTRIAL UE-XAPÓN

Obxectivo xeral

Ofrecer aos executivos europeos a oportunidade única de coñecer e experimentar a realidade económica e cultural en Xapón, que dá sentido aos logros comerciais e tecnolóxicos qua alcanzou este país.

Obxectivo específico da convocatoria

Ofrecer aos particpantes catro semanas ( máis unha quinta semana opcional) de seminarios, conferencias e visitas a empresas xaponesas, a fin de facerlles coñecer a situación actual do mercado en Xapón, cunha inmersión lingüística, cultural, histórica e política completa, que permitirá comprender mellor a dinámica económica deste país.

Eidos de actuación

O programa divídese nas seguintes sesións:

  • Sesión orientativa
  • Curso básico de cultura e lingua xaponesa
  • Conferencias
  • Seminarios e mesas redondas con empresarios japoneses
  • Traballo de campo a través de visitas a Sogo Shosha e tamén visitas de tipo local
  • Unha semana opcional en que o participante poderá visitar certas empresas do seu interese persoal ou da súa empresa

Destinatarios

Cidadáns europeos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Traballar para unha empresa cuxo capital estea constituído polo menos nun 50% con fondos europeos
  • Ser avalado polo seu superior e comprometerse á participación completa do programa
  • Bo nivel de inglés
  • Directivo ou executivo de empresas industriais cun mínimo de entre cinco e dez anos de experiencia profesional

Financiamento

O EU-Japan Center cobre os gastos de matrícula, clases, interpretación, gastos de viaxe para visitas e hotel durante as catro semanas do programa. As pemes deberán abonar 2000€ en concepto de garantía que serán reembolsados. O resto das empresas abonarán a mesma cantidade non reembolsable

Duración do proxecto

18/05/2009 - 12/06/2009 o 19/06/2009

Data límite de solicitude

19/02/2009

Documentación

Contacto

Céline Godart Programme Manager Tel: +32 (0)2 282 37 16
Fax: +32 (0)2 282 00 45
Email : c.godart@eu-japan.eu

Emi Shibuya Programme Manager Tel: +32 (0)2 282 00 42
Fax: +32 (0)2 282 00 45
E-mail:e.shibuya@eu-japan.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante