Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Inversión extranxeira directa en Xapón (Foreign Direct Investment in Japan- FDI)

Programa

COOPERACIÓN INDUSTRIAL UE-XAPÓN

Obxectivo xeral

FDI é un curso práctico deseñado para executivos de empresas europeas, incluíndo pemes, responsables de estender plans de investimento en Asia/Xapón

Obxectivo específico da convocatoria

  • Adquisición dun coñecemento práctico de como implantar e executar proxectos de investimento estranxeiro en Xapón
  • Aprender a evitar riscos, comprendendo os problemas clave no proceso de investimento directo
  • Recoller información acerca dos incentivos ofrecidos por compañías nacionais, rexionais e locais
  • Estudo das diferenzas culturais cuxo coñecemento é esencial á hora de investir en activos xaponeses
  • Levar a cabo os contactos necesarios de cara a establecer un plan concreto de investimento en Xapón

Eidos de actuación

Trátase dun curso de cinco días que incluirá unha sesión introductoria, seguida dunha serie de conferencias, mesas redondas, casos prácticos, visitas guiadas e viaxes de estudo. O programa articúlase en dous partes:

  • FDI Iniciación
  • FDI Execución

Destinatarios

Cidadáns europeos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Traballar para unha empresa na que polo menos o 50% do capital sexa constituído con fondos europeos
  • Ser avalado polo seu superior e comprometerse á participación completa do programa
  • Bo nivel de inglés
  • Directivos ou executivos con experiencia profesional

Financiamento

O EU-Japan Center cobre os gastos de matrícula, clases, gastos de viaxe para visitas en Xapón e interpretación. Os gastos de desprazamento a Xapón, hotel e manutención corren a conta da empresa, que deberá abonar unha garantía (rembolsable para as pemes) de 1000?, en concepto de garantía.

Duración do proxecto

02/02/2009 - 06/02/2009

Data límite de solicitude

06/11/2008

Documentación

Contacto

Céline Godart Programme Manager Tel: +32 (0)2 282 37 16
Fax: +32 (0)2 282 00 45
Email : c.godart@eu-japan.eu

Emi Shibuya Programme Manager Tel: +32 (0)2 282 00 42
Fax: +32 (0)2 282 00 45
E-mail:e.shibuya@eu-japan.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante