Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

AL INVEST IV (Convocatoria 2008)

Programa

AL-INVEST IV

Obxectivo xeral

Contribuír á mellora da cohesión social en América Latina mediante o apoio á internacionalización das pemes latinoamericanas, en colaboración cos seus socios europeos, co fin de contribuír a que se afirmen como motor de desenvolvemento local aproveitando as oportunidades ofrecidas pola globalización, a integración rexional e os acordos de libre comercio que se conclúan coa Unión Europea

Eidos de actuación

• Actividades de apoio a competitividade das pemes latinoamericanas: deseño de produtos, sistemas de calidade, innovación...
• Actividades de apoio á internacionalización das pemes lationamericanas: promoción comercial, formación e capacitación, asistencia téncia, promoción do investimento, apoio á iniciativa empresarial feminina...
• Actividades de reforzo da capacidade institucional dos organismos intermedios e de coordinación con organismos homólogos da UE/AO: capacitación, intercambio de experiencias
• Actividades de coordinación con institucións públicas e con outros programas de cooperación

Destinatarios

Poden solitar esta subvencón:

• Organizacións de dereito público ou privado que representen ou promovan os intereses das pemes de América Latina* ou presten servizos ás mesmas: cámaras de comercio, asociacións empresariais...
• Organismos de promoción de comercio e de apoio á internacionalización das empresas de América latina.

Ademais dos anteriores, poden aparticipar como socios, organizacións europeas equivalentes e organismos públicos de ámbito estatal ou infraestatal de América Latina e a Unión Europea

*Países de América Latina participantes: a Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Uruguay e Venezuela

Financiamento

A contribución da Comisión Europea será como moito do 80% dos custos elixibles

Orzamento total da convocatoria

40 millóns de euros, repartidos da seguinte maneira:
• América Central- Cuba- México: 14 M €
• Comunidade Andina: 11M €
• Mercosul-Chile: 15 M €.

Por cada unha destas subregiones presentarase unha proposta conxunta que debe incluír un plan plurianual de dous anos no que se recolla unha descrición do estado de situación das pemes na zona, unha previsión de actividades e unha estimación dos resultados.

Duración do proxecto

A duración das accións estará comprendida entre os 36 e os 48 meses

Data límite de solicitude

25/07/2008

Documentación

Contacto

Comisión Europea EuropeAid Oficina de Cooperación Unidade B/2. J-54 4/38
Vittorio Tonutti
Avenue du Bourget 1
B-1049 – Bruxelas
Fax. : 32-2-299 80 10
Europeaid-AL.INVEST@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante