Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria 2011 Rexións Turísticas Excelentes

Programa

DESTINOS EUROPEOS DE CALIDADE (EDEN)

Obxectivo xeral

Chamar a atención sobre o valor, a diversidade, e os rasgos comúns dos destinos turísticos europeos, e fomentar aqueles destinos que persiguen o obxectivo de crecemento económico de tal forma que se garanta a sostenibilidade social, cultural e medioambiental do turismo.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar ás administracións nacionais responsables do turismo de países elixibles, e outros organismos públicos que corresponden á definición, nos países que participaron en polo menos unha das convocatorias de propostas no período 2007-2011 dos ”Destinos Europeos de Excelencia» (EDEN), co propósito de promover os destinos EDEN (gañadores e finalistas das edicións anteriores) e fomentar o coñecemento dos fundamentos EDEN (Proxecto de tipo A).

Eidos de actuación

Os solicitantes son libres de propoñer as actividades que consideren pertinentes, non obstante, é esencial que tódalas actividades estén claramente relacionadas co obxectivo de esta convocatoria de propostas.

Destinatarios

- Estados membros da UE, países candidatos, países AELC / EEE ou de outros países da Administración Nacional con competencias na materia de turismo. Se a competencia en materia turística está descentralizada, a proposta poderá ser presentada pola administración rexional competente.
- As oficinas nacionales de turismo e outros organismos públicos con competencias na materia de turismo poden presentar a solicitude, sempre que a autoridade nacional dé o seu consentimento por escrito.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou en conscorcio con organizacións asociadas. Os socios da organización principal deben de cumprir os mesmos requisitos de elexibilidade que os solicitantes, e o solicitante será o coordinador.

Financiamento

Ó cofinanciamento máximo da UE será do 75% dos custes subvencionables, cun máximo de 50.000 EUR por proxecto.
O número aproximado de proxectos erá de un por cada país elixible.

Orzamento total da convocatoria

1.500.000 EUR

Data de publicación

20/05/2011

Data límite de solicitude

01/07/2011

Documentación

Contacto

European Commission
Enterprise and Industry Directorate-General
Directorate F – Unit F/1 Tourism Policy Development
Office address: B100 04/030, B-1049 Brussels, Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante