Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Destinos Europeos de Calidade 2010

Programa

DESTINOS EUROPEOS DE CALIDADE (EDEN)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do proxecto é chamar a atención sobre o valor, diversidade e características comúns dos destinos turísticos europeos e promover aqueles nos que se combine o crecemento económico cun desenvolvemento social, cultural e medioambiental sostible.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar as administracións nacionais dos Estados membros responsables de turismo para a proposta de destinos turísticos de excelencia.

Eidos de actuación

Este programa subvenciona varios tipos de accións:

• Pór en valor os destinos turísticos europeos de calidade, nomeadamente os menos coñecidos.
• Concienciar á cidadanía sobre a diversidade e calidade dos destinos turísticos europeos.

• A promoción de tódolos países e rexións europeos.

• Crear unha plataforma para o intercambio de boas prácticas a nivel europeo.

• Axudar a desconxestionar e reequilibrar os fluxos turísticos dirixíndoos cara ós destinos menos tradicionais.

• Fomentar novos destinos que conleven modelos de desenvolvemento turístico sostible.

Destinatarios

Os candidatos, que poden ser de Estados membros, Estados candidatos (Croacia, Antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía) ou membros da EFTA/EEA (Islandia, Liechtenstein,Noruega e Suíza), deben presentarse ás administracións estatais de cada Estado con competencia en materia de turismo. Se a responsabilidade está descentralizada, a proposta debe ser enviada á administración rexional competente.

As oficinas de turismo nacionais e demais entidades públicas encargadas do turismo poden, asemade, presentar solicitudes sempre que a autoridade nacional competente dea o seu consentemento por escrito.

Só se admitirá unha solicitude por país.

Os países candidatos, así como os Estados EFTA poderán, pola súa banda, elixir un destino de excelencia turística se ben non se prevén axudas para os mesmos con cargo ó orzamento da presente iniciativa.

Socios

As solicitudes poden presentarse de forma individual ou con socios. Só as entidades públicas serán consideradas socios.

No caso de presentar unha solicitude asociada, esta deberá ser presentada pola entidade líder do partenariado, que no caso de ser seleccionado se converterá no “beneficiario”.

Financiamento

Ata un 75% dos custos elixibles, ata un máximo de 52.000 euros por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

1 millón de euros.

Duración do proxecto

10 meses

Data de publicación

04/05/2010

Data límite de solicitude

21/05/2010

Documentación

Contacto

European Commission
EDEN 2010 call for proposals specifications.doc 14
Directorate-General Enterprise and Industry
Grant Programme 2010
Call for proposals No ENT/TOU/10/5.1.1
Preparatory Action “European Destinations of Excellence”
Contact: Mr Franco Ianniello
Tourism Unit, ENTR I/1 B100 4/45
B-1049 Brussels BELGIUM
Fax: 32 2 29 98034 - e-mail: entr-eden@ec.europa.eu

Presentación de propostas
European Commission
Directorate-General Enterprise and Industry
Grant Programme 2010 – ENT/TOU/10/5.1.1
Preparatory Action “European Destinations of Excellence”
Tourism Unit, ENTR I/1 B-100 4/45
Service central de réception du courrier
Avenue de Bourget, 1
B-1140 Bruxelles, Belgique.

Comentarios

As propostas enviaranse vía correo certificado ou presentaranse persoalmente ou mediante unha entidade autorizada na Dirección Xeral de Empresa e Industria en Bruxelas (véxase Contacto).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante