Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Destinos Europeos de Calidade 2008 “Turismo e Áreas Protexidas”

Programa

DESTINOS EUROPEOS DE CALIDADE (EDEN)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do proxecto é chamar a atención sobre o valor, diversidade e características comúns dos destinos turísticos europeos e promover aqueles nos que se combine o crecemento económico cun desenvolvemento social, cultural e medioambiental sostible.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Apoiar ás Administracións dos Estados membros e demais entidades públicas con competencia na materia de referencia no obxectivo de crear unha oferta de excelencia turística.
  • Pór en valor os destinos turísticos europeos de calidade, nomeadamente os menos coñecidos.
  • Concienciar á cidadanía sobre a diversidade e calidade dos destinos turísticos europeos.
  • A promoción de tódolos países e rexións europeos.
  • Crear unha plataforma para o intercambio de boas prácticas a nivel europeo.
  • Axudar a desconxestionar e reequilibrar os fluxos turísticos dirixíndoos cara ós destinos menos tradicionais.
  • Fomentar novos destinos que conleven modelos de desenvolvemento turístico sostible.

Eidos de actuación

Na presente convocatoria, a selección por país dun destino turístico de calidade debe respectar os seguintes criterios:
que o destino elixido por cada país non sexa tradicionalmente turístico, isto é, que teña unha densidade de visitas por debaixo, ou moi por debaixo do promedio nacional.
que estean baseados nun espazo que forme parte da Rede Natura 2000 ou, no seu defecto, que sexa unha “área protexida” de acordo coa lexislación nacional ou rexional.
que xestione a súa propia oferta turística de xeito que se asegure a sostibilidade social, cultural e medioambiental en colaboración coas autoridades responsables da xestión da zona protexida, nomeadamente provedores de servizos turísticos e comunidades locais.

Destinatarios

Os candidatos, que poden ser de Estados membros, Estados candidatos ou membros da EFTA, deben presentarse ás administracións estatais de cada Estado con competencia en materia de turismo. Se a responsabilidade está descentralizada, a proposta debe ser enviada á administración rexional competente. As oficinas de turismo nacionais e demais entidades públicas encargadas do turismo poden, asemade, presentar solicitudes sempre que a autoridade nacional competente dea o seu consentimento por escrito. Só se admitirá unha solicitude por país.
Os países candidatos, isto é, Croacia, Antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía, así como, os estados EFTA, é dicir, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza, poderán asemade elixir un destino de excelencia turística se ben non se prevén axudas para os mesmos con cargo ó orzamento da presente iniciativa.

Financiamento

A cantidade de axuda non poderá exceder do 75% dos custos elixibles e a contribución máxima específica para cada proxecto será de 52.000€.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento máximo previsto pola Comisión Europea para o conxunto do proxecto é de 1.000.000 €.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto é de 7 meses.

Data límite de solicitude

16/06/2008

Documentación

Contacto

European Commission
Directorate-General Enterprise and Industry
Mr Franco Ianniello
Tourism Unit, ENTR I/1 4/45
e-mail: entr-tourism@ec.europa.eu
phone: + 32 2 29 55 1 55
fax: + 32 2 29 56 9 69

Contacto nacional: Andres.contreras@tourspain.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante