Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria restrinxida de propostas - Apoio ás actividades de información e comunicación destinadas á eliminación da violencia contra as mulleres - JUST/2012/PROG/AG/VAW

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Apoiar aos actores nacionais na promoción da igualdade entre mulleres e homes, para mellorar a integración de xénero nas políticas dos Estados participantes no Programa PROGRESS, e para acadar os obxectivos definidos na Estratexia da Comisión para a igualdade entre mulleres e homes e os do Pacto Europeo pola igualdade de Xénero.

Obxectivo específico da convocatoria

Proporcionar fondos para actividades en programas nacionais e/ou transnacionais destinadas a:
1.- Alentar ás vítimas e testemuñas a denunciar a violencia perante as autoridades competentes e institucións. As campañas poden ser dirixidas a grupos específicos de mulleres e nenas (por exemplo, a mulleres xoves, mulleres embarazadas, anciás, inmigrantes e minorías étnicas, refuxiadas e discapacitadas).
2.- Formar a profesionais pertinentes (por exemplo, dentro dos servizos de saúde, la educación, o poder xudicial, a policía, etc) co fin de garantir o oportuno rexistro, investigación e axuizamento de todas as formas de violencia contra a muller;
3.- Difundir mensaxes sobre a tolerancia cero para todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas, en particular dirixida aos homes e os nenos;
4.- Informar ás comunidades interesadas na UE sobre a mutilación xenital feminina, que está prohibida e perseguida pola lei, e que o procedemento ten graves consecuencias físicas e psicolóxicas para as mulleres a corto e a longo prazo;
5.- Informar e apoiar a profesionais que tratan coas vítimas ou posibles vítimas da mutilación xenital feminina (por exemplo, dentro dos servizos públicos, os servizos de saúde, educación, servizos de protección do menor, o poder xudicial, a policía, etc.).

Eidos de actuación

Estados participantes no Programa PROGRESS: Estados membros da UE, Noruega, Islandia, Liechtenstein, Croacia, Serbia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía.

Destinatarios

Autoridades nacionais específicas: ministerio encargado das políticas de igualdade de xénero dun Estado participante no Programa PROGRESS, entidade estatal encargada da igualdade de xénero ou outro ministerio dun Estado participante.
Só pode haber un beneficiario en cada Estado.

Socios

Poderán ser socios do proxecto, ademais de quen pode ser beneficiario, as organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro legalmente establecidas nos Estados participantes.

Financiamento

A contribución máxima da UE (co-financiamento) non excederá do 80% dos custes admisibles totais da acción financiada. Os beneficiarios deberán aportar, polo menos, o 20% restante, rexeitándose o pago en especie.

Orzamento total da convocatoria

3.700.000 €.

Duración do proxecto

Máximo de 24 meses.

Data de publicación

04/03/2013

Data límite de solicitude

16/05/2013

Documentación

Contacto

JUST-PROGRESS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante