Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2012/009 Aprendizaxe mutua no eido das habilidades persoais e o emprego. Seguindo as pautas da Unión Europea de formación sectorial e reestruturación

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

O programa Progress ten por obxectivo apoiar a execución da Estratexia Europea de Emprego (EEE):
- Mellorando a comprensión da situación e perspectivas do emprego, en concreto a través da análise e estudos e o desenvolvemento de estatísticas e indicadores comúns no eido da EEE.
- Dirixindo e avaliando a execución das Guías de Emprego Europeo e Recomendacións e o seu impacto, por exemplo a través do Informe de Emprego Conxunto, e analizando a interacción entre a EEE e a política xeral económica e social e outras áreas políticas.
- Organizando debates sobre políticas, boas prácticas e enfoques innovadores, integrando as necesidades dos grupos vulnerables, e promovendo a aprendizaxe mutua no contexto da EEE.
- Incrementando a concienciación, difundindo información e promovendo o debate sobre os retos do emprego, políticas e a execución dos programas de reforma nacional, incluíndo entre os actores rexionais e locais aos interlocutores sociais, a sociedade civil e a outros grupos de interese.

Eidos de actuación

1. Aprendizaxe Permanente: O obxectivo desta área é de promover intercambios e a aprendizaxe mutua en tódolos niveis e mellorala transferibilidade das políticas máis efectivas, boas prácticas e enfoques innovadores para executar a dimensión das capacidades da iniciativa emblemática “Unha Axenda para novas Capacidades e Traballos – equipando á xente coas capacidades adecuadas para o emprego” e a Comunicación do paquete de Emprego “cara unha recuperación rica do traballo”. Esta aprendizaxe mutua podería en particular perseguir a clave para as áreas de crecemento para o emprego: baixo en carbón, economía de recursos eficientes (“economía verde”), economía dixital (sector TIC) e o sector da asistencia sanitaria e social (“traballos brancos”).

2. Os Consellos do Sector Capacidades da UE: A Comisión apoia a creación dos Consellos de Sector da UE sobre o Emprego e Capacidades onde haxa unha demanda para a súa creación dende os grupos de interese, en concreto dos interlocutores sociais europeos. Isto pode permitir aos grupos de interese en posesión dunha mellor información sobre a evolución do seu sector en termos de capacidades e emprego máis que si eles contaran con fontes nacionais. Isto tamén pode axudar ao aprendizaxe entre pares entre os observatorios nacionais creando unha plataforma de intercambio entre os representantes do mercado laboral e de outra parte os provedores da educación e formación representativos.

3. Reestruturación: o obxectivo principal desta área é de apoiar o desenvolvemento e difusión dunha mellor experiencia e capacidades entre os actores implicados nas áreas de anticipación, preparación e acompañamento de procesos de reestruturación socialmente responsables como subliña a Comunicación da Comisión sobre Reestruturación e emprego- anticipándose e acompañando a reestruturación para desenvolver o emprego.

Destinatarios

- Autoridades públicas ou axencias semi- estatais a nivel nacional ou rexional e organizacións internacionais.
- Organizacións privadas ou públicas sen ánimo de lucro que sexan especialmente activas na área da política de emprego, xestión da transición no mercado laboral e de investigación incluíndo o desenvolvemento de competencias de análise de capacidades. Estas organizacións deben promover o establecemento de asociacións con outros grupos de interese incluíndo as autoridades públicas axencias semi- estatais e/ou interlocutores sociais.
-Organizacións de interlocutores sociais.
- Centros de investigación e institutos, universidades, institucións de educación e formación vocacional ou redes e organizacións da sociedade civil.


Financiamento

A taxa máxima de co- financiamento é do 80%:

Orzamento total da convocatoria

Para as áreas 1 e 3, o orzamento previsto é de 1.000.000 de euros.
Para a área 2, o orzamento previsto é de 2.600.000 euros.

Data de publicación

13/08/2012

Data límite de solicitude

22/10/2012

Documentación

Contacto

E- mail: EMPL-VP-2012-009@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante