Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2012/010 Convocatoria para accións relacionadas ao desenvolvemento de modelos de pensións e de apoio a aprendizaxe mutua nos procedementos nacionais de reforma das pensións.

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten por obxectivo apoiar as autoridades dos Estados membros no desenvolvemento da súa capacidade para modelos e vixilancia das tendencias dos sistemas de pensións e para a reforma dos modelos e o deseño coa finalidade de adecuar a súa fortaleza, sustentabilidade e seguridade dos sistemas de pensións.

Obxectivo específico da convocatoria

(i) Crear bases de datos e modelos administrativos: o apoio outorgarase as autoridades nacionais que desexen mellorar a súa capacidade para analizar os obxectivos desexados dos sistemas de pensións nos Estados membros da UE a través do desenvolvemento de ferramentas de modelos relevantes e/ou bases de datos administrativas.
(ii) Bases de datos nacionais e traballo preparatorio sobre a reforma das pensións públicas: o apoio outorgarase aos Estados membros que desexen preparar reformas que teñan por obxectivo acadar os obxectivos definidos no método aberto de coordinación aplicado á protección e inclusión social na Unión Europea.
(iii) Desenvolver políticas para mellorar a contribución de aforros complementarios para pensións adecuadas: o apoio outorgarase aos Estados membros que desexen unha revisión así como mellorar o seu marco político para a provisión das pensións privadas e dos aforros complementarios para asegurar que estes poidan facer unha forte contribución para uns ingresos adecuados para a terceira idade.

Destinatarios

Estar rexistrado como persoa legal e ser unha autoridade pública nacional competente ou unha axencia pública expresamente delegada para asumir a responsabilidade para a execución da acción.

Financiamento

A subvención máxima non excederá do 80% dos custos totais da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 2.500.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto é de 24 meses.

Data de publicación

17/07/2012

Data límite de solicitude

01/10/2012

Documentación

Contacto

- E-mail: empl-vp-2012-010@ec.europa.eu
- Dirección postal: European Commission
Service central de réception du courrier
Call for proposals VP/2012/010– DG EMPL D.3
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Evere
- Fax: + 32 2 29.98085
- E-mail: empl-swim-support@ec.europa.eu (para problemas técnicos)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante