Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/009: Convocatoria de propostas para a realización de proxectos sociais experimentais.

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Mellorar a calidade e eficacia das políticas sociales e facilitar a súa adaptación ás numerosas necesidades e desafíos sociais.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria pretende dar apoio financeiro aos países participantes no programa PROGRESS que estén levando a cabo reformas no eido da protección social, para que as poidan avaliar previamente a pequena escala, antes de aplicalas a gran escala. No contexto actual trátase fundamentalmente de avaliar previamente as revisións de gastos sociais no marco dos plans de austeridad.

Eidos de actuación

1. A concepción, xestión e metodoloxía da avaliación dos proxectos sociais experimentais.
2. Estratexias destinadas a ampliar as medidas sociais experimentais e a traducir os seus resultados en medidas políticas máis amplas.
3. Cooperación e actividades en rede.

Destinatarios

A convocatoria está aberta á participación de todas as partes interesadas participantes no programa PROGRESS, incluidos os países da EFTA, e os países candidatos e precandidatos.
Os solicitantes deben ser administracións públicas ou axencias públicas ou semi-públicas de nivel central, rexional ou local que participen no programa PROGRESS.

Socios

Os proxectos sociais experimentais deberán incluir consorcios entre diferentes partes participantes nas diferentes fases do proceso: organismos públicos, administracións locais, sociedade civil, sector privado, sector universitario, interlocutores sociais.

Financiamento

A axuda financeira da Unión Europea será como máximo do 80% dos custes totais admisibles da acción.
As solicitudes de subvención que excedan de dita porcentaxe serán automáticamente rexeitadas.

Orzamento total da convocatoria

3.500.000 EUR

Duración do proxecto

As actividades deberán comezar entre o 1 de marzo de 2012 e o 1 de xuño de 2012, e terán unha duración mínima de 18 meses e máxima de 24 meses.

Data de publicación

15/09/2011

Data límite de solicitude

15/12/2011

Documentación

Contacto

Email: EMPL-PROGRESS-VP-2011-009@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante