Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
PROGRESS apoia financeiramente a execución dos obxectivos da UE en materia de emprego e asuntos sociais, conforme a Axenda Social Europea e a Estratexia de Lisboa, fixándose como obxectivos:
1. Mellorar o coñecemento da situación nos Estados membros mediante análises e avaliacións das políticas.
2. Apoiar e controlar a aplicación dos obxectivos e da lexislación comunitaria nesta materia, así como avaliar a súa eficacia e incidencia.
3. Fomentar a creación de redes, a aprendizaxe mutua e a difusión de boas prácticas e enfoques innovadores a escala europea.
Favorecer a viabilidade e a calidade dos coidados da saúde e de longa duración prestados ás persoas maiores. Preténdese axudar aos Estados membros a acadar os obxectivos definidos no contexto do método aberto de coordinación na protección e inclusión social na UE.
A presente convocatoria de propostas ten como obxectivo, proporcionar unha axuda financeira aos proxectos sobre políticas a favor do envellecemento activo, boa saúde e dignidade nos países participantes no programa Progress.
As propostas deben ser presentadas polo Ministerio competente, directamente ou a través doutras Administracións Públicas (autoridades rexionales ou subrexionais, incluíndo as locais, organismos da seguridade social ou axencias estatais) ás que aquél o houbera encomendado.
En todo caso deberán pertencer a algún dos países participantes no Programa PROGRESS.
Os solicitantes poderán incluír no seu proxecto a outros socios que aporten a súa experiencia no eido requirido (Universidades ou Institutos de investigación, organizacións internacionais e organizacións non gubernamentais). Os socios deberán ser entidades sen fin lucrativo. De todas formas, non é necesaria a participación de socios para poder presentar un proxecto nesta convocatoria.
As subvencións que se concedan no marco desta convocatoria serán de entre 100.000 e 500.000 EUR. A axuda financeira da UE non superará o 80% dos custes totais elixibles da acción.
2.000.000 EUR
As actividades deberán comezar en 2011, podendo comenzar antes incluso da firma do acordo polo que se outorgue a subvención en casos debidamente xustificados, sempre con posterioridade á presentación da proposta, aínda que nestes casos será o beneficiario quen asuma os riscos financeiros derivados do suposto de que non sexa escollido o seu proxecto, ou de que se vexa modificada a súa proposta de orzamento.
A duración do proxecto será como máximo de 24 meses.
13/07/2011
26/09/2011
Comisión Europea – DG EMPL D.3
Convocatoria de Propuestas VP/2011/007
Rue Joseph II 27 – 01/244
1049 Bruselas (Bélxica)
Email:empl-vp-2011-007@ec.europa.eu