Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/005.-Servizos públicos e privados de emprego traballando de maneira conxunta (PARES. Partnerships between Employment Services).

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

PROGRESS apoia financeiramente a execución dos obxectivos da UE en materia de emprego e asuntos sociais, conforme a Axenda Social Europea e a Estratexia de Lisboa, fixándose como obxectivos:
- Mellorar o coñecemento da situación nos Estados membros mediante análises e avaliacións das políticas.
- Apoiar e controlar a aplicación dos obxectivos e da lexislación comunitaria nesta materia, así como avaliar a súa eficacia e incidencia.
- Fomentar a creación de redes, a aprendizaxe mutua e a difusión de boas prácticas e enfoques innovadores a escala europea.

Obxectivo específico da convocatoria

1. Conseguir que os mercados laborais en Europa funcionen mellor fortalecendo a flexiguridade.
2. Dotar ás persoas das cualidades necesarias para o emprego.
3. Mellorar a calidade do traballo e das condicións de traballo.
4. Apoiar a creación de emprego.

Eidos de actuación

1. Axenda para novas habilidades e traballos: a contribución europea ao pleno emprego.
2. Cambios que merezan a pena: unha prioridade europea para a seguridade das carreiras profesionais nos mercados de traballo cada vez máis dinámicos.
3.PARES: Consorcio entre os servizos de emprego para impulsar o diálogo europeo co obxectivo de xerar cambios que merezan a pena.

Destinatarios

Persoas xurídicas legalmente constituidas e rexistradas nun dos Estados membros da UE ou de outros países participantes no programa PROGRESS. Poderán ser públicas, privadas ou pertencentes ao terceiro sector cuxa misión principal sexa a prestación de servizos de emprego para as persoas que buscan traballo ou un cambio de traballo.

Socios

As accións deberán animar aos servizos de emprego públicos, privados ou do tercer sector, prestadores de servizos de educación e formación, ONG´s, entidades de asistencia social, etc, para traballar xuntas.
A acción deberá contar con socios activos dos países participantes no programa PROGRESS, de polo menos dous tipos diferentes das persoas xurídicas que poden participar: publicas, privadas ou do terceiro sector.
O solicitante e os socios deberan ser do mesmo país.

Financiamento

A contribución da Unión Europea será como máximo do 80% do total dos custes elixibles.
As fontes de cofinanciamento poderán ser públicas ou privadas.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria será de 1.500.000 EUR

Duración do proxecto

A duración de cada proxecto será como máximo de 18 meses.

Data de publicación

27/05/2011

Data límite de solicitude

17/08/2011

Documentación

Contacto

Email: empl-vp-2011-005@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante