Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/010.- Intercambio de boas prácticas

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

PROGRESS apoia financeiramente a execución dos obxectivos da UE en materia de emprego e asuntos sociais, conforme a Axenda Social Europea e a Estratexia de Lisboa, fixándose como obxectivos:
- Mellorar o coñecemento da situación nos Estados membros mediante análises e avaliacións das políticas.
- Apoiar e controlar a aplicación dos obxectivos e da lexislación comunitaria nesta materia, así como avaliar a súa eficacia e incidencia.
- Fomentar a creación de redes, a aprendizaxe mutua e a difusión de boas prácticas e enfoques innovadores a escala europea.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria cubre dous eidos estratéxicos diferentes. Os principais obxectivos son reforzar a aprendizaxe mutua en tódolos niveis e mellorar a difusión das políticas máis eficaces para:
1) Por en práctica a parte relativa ás competencias da iniciativa ” Unha estratexia para as novas competencias e empregos”, e
2) Por en práctica a iniciativa ”Xuventude en movemento”
As proposicións só poderán refererirse a un dos dous eidos. Os candidatos que estean interesados en ámbolos eidos deberán presentar dúas proposicións diferentes completas, unha para cada eido.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas legalmente constituidas e rexistradas nun dos Estados membros da UE ou noutros países participantes no programa PROGRESS.

Financiamento

A contribución financeira da UE será como máximo do 80% do total dos custes elixibles.
As fontes de cofinanciamento poderán ser públicas ou privadas.

Orzamento total da convocatoria

2.000.000 EUR

Duración do proxecto

Os proxectos deberán comezar despois da firma dos convenios de subvención, prevista nos seis meses seguintes á data de presentación da proposición.
A duración máxima de cada proxecto é de 12 meses, agás se circunstancias especiais fan precisa unha duración más longa, o que deberá xustificarse.

Data de publicación

17/05/2011

Data límite de solicitude

29/07/2011

Documentación

Contacto

EMPL-VP-2011-010@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante