Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/008.-Mellora dos coñecementos sobre os procesos de reestructuración industrial. Mellora da saúd e do benestar no lugar de traballo. Promoción da participación financeira dos traballadores.

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

PROGRESS apoia financeiramente a execución dos obxectivos da UE en materia de emprego e asuntos sociais, conforme a Axenda Social Europea e a Estratexia de Lisboa, fixándose como obxectivos:
•Mellorar o coñecemento da situación nos Estados membros mediante análises e avaliacións das políticas.
•Apoiar e controlar a aplicación dos obxectivos e da lexislación comunitaria nesta materia, así como avaliar a súa eficacia e incidencia.
•Fomentar a creación de redes, a aprendizaxe mutua e a difusión de boas prácticas e enfoques innovadores a escala europea.

Obxectivo específico da convocatoria

Promoción do desenvolvemento e difusión de mellores práticas no eido da anticipación, preparación e acompañamento social responsable das reestructuracións de empresas, apoiar a promoción dos intercambios de información referentes ao benestar e á saúde no traballo nas reestructuracións de empresas, e medidas de promoción da participación financeira dos traballadores.

Eidos de actuación

Establécese unha lista de accións concretas para cada un dos obxectivos mencionados.

Destinatarios

Entidades legalmente constituidas e rexistradas nun dos países participantes do programa PROGRES, así como as organizacións de interlocutores sociais desprovistas de personalidade xurídica cando os seus representantes teñan capacidade de vincularse xurídicamente no seu nome e asuman as responsabilidades financeiras de acordo co art. 114 do Reglamento financeiro. En todo caso, deberán pertencer a algunha das seguintes categorías:
- Interlocutores sociais
- Poderes públicos
- Centros ou Institutos de investigación e Universidades
- Organizacións Internacionais (OIT, OMS ou outras)
- Organizacións da sociedade civil e Organizacións sen ánimo de lucro.

Financiamento

Máximo do 80%. Excluiranse automaticamente aquelas solicitudes de subvención dunha porcentaxe superior ao 80%.

Orzamento total da convocatoria

2.330.000 EUR para o ano 2011

Duración do proxecto

As accións deben comezar no ano 2011 e tenrán unha duración máxima normal de 12 meses, se ben a Comisión poderá axustar a duración da actividade proposta na solicitude.
Non se terán en conta as accións que comecen con anterioridade ao 22 de novembro de 2011.

Data de publicación

26/04/2011

Data límite de solicitude

06/09/2011

Documentación

Contacto

Todas as consultas deberán realizarse unicamente no seguinte correo electrónico: empl-04-04-01-03@ec.europa.eu

Comentarios

As datas límites para o depósito de candidaturas son:
a) O 14 de xuño de 2011 para as actividades que comecen a partir do 26 de setembro de 2011.
b) O 6 de setembro de 2011 para as actividades que comecen entre o 12 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante