Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/004. Accións transnacionais no eido da cooperación e a información. Coordinación dos rexímenes de Seguridad Social.

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

PROGRESS apoia financeiramente a execución dos obxectivos da UE en materia de emprego e asuntos sociais, conforme a Axenda Social Europea e a Estratexia de Lisboa, fixándose como obxectivos:
•Mellorar o coñecemento da situación nos Estados membros mediante análises e avaliacións das políticas.
•Apoiar e controlar a aplicación dos obxectivos e da lexislación comunitaria nesta materia, así como avaliar a súa eficacia e incidencia.
•Fomentar a creación de redes, a aprendizaxe mutua e a difusión de boas prácticas e enfoques innovadores a escala europea.

Obxectivo específico da convocatoria

Obxectivo 1: Apoiar iniciativas e accións cunha dimensión transnacional, cuxo obxectivo sexa desenvolver a cooperación entre as institucións da Seguridade Social, e/ou que teñan por obxecto mellorar a información aos cidadáns sobre os seus dereitos e obligacións que se derivan dos Regulamentos da CE sobre a coordinación da Seguridade Social ao exercer o dereito á liberdade de movemento.
Obxectivo 2: Apoiar iniciativas e accións nacionais que teñan como obxectivo a preparación e implementación do Sistema electrónico de intercambio de datos (EESSI).

Destinatarios

Entidades legais rexistradas nun dos Estados membros da UE ou en Islandia, Liechtenstein ou Noruega, Institucións nacionais de Seguridade Social, e para o Obxectivo 1 poderán tamén ser socios de organizacións sociais, ONG´s ou outras organizacións sen ánimo de lucro legalmente recoñecidas no eido da libertade de movementos e seguridade social, que teñan unha experiencia práctica na aplicación da Regulación sobre coordinación da Seguridade Social.
Non poden ser persoas físicas.

Socios

Para as accións do Obxectivo 1: a acción debe levarse a cabo en cooperación entre socios activos de polo menos 2 Estados membros ou Países do EEE diferentes.
Para as accións do Obxectivo 2: a acción debe ser individual, sendo parte dunha ampla estratexia nacional plurianual para a implementación do EESSI.

Financiamento

A cofinanciación da UE será máximo do 80% dos costes totais elixibles. Para o obxectivo 2 a contía máxima para cada proxecto individual será de 200.000 EUR

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 3.000.000 EUR.

Duración do proxecto

As accións deberán comezar entre o 1 de setembro de 2011 e o 1 de decembro de 2001, e terán unha duración máxima de 15 meses.

Data de publicación

18/03/2011

Data límite de solicitude

31/05/2011

Documentación

Contacto

Todas as consultan deberán facerse unicamente por Email:
empl-b4-calls-proposals@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante