Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/002.- Medidas de información e formación de organizacións de traballadores.

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Facilitar que as organizacións de traballadores poidan contribuir a abordar a implantación da política de emprego a nivel da UE e os desafíos da política social establecida na Estratexia Europa 2020.

Obxectivo específico da convocatoria

Contribuir a abordar as dimensións sociais e de emprego das
prioridades da UE relativas á saída da crise económica e a acadar os obxectivos da Estratexia Europa 2020 e as súas iniciativas estrela, e medidas de apoio ás iniciativas das organizacións de traballadores en relación co Ano Europeo do Envellecemento Activo.

Destinatarios

As organizacións admisibles son as organizacións de interlocutores sociais que representan aos traballadores a nivel europeo, nacional ou rexional, o domicilio social destas organizacións debe estar emprazado nun dos Estados membros da UE.

Socios

A convocatoria non pon ningunha condición en canto ó numero ou o tipo de socios, aínda que entre os criterios para seleccionar un proxecto está a dimensión transnacional deste.

Financiamento

A Comisión Europea pode financiar ate un total do 90% do custe de cada acción.

Orzamento total da convocatoria

3.420 000 EUR

Duración do proxecto

En principio, un máximo de 12 meses.

Data de publicación

16/02/2011

Data límite de solicitude

18/04/2011

Documentación

Contacto

European Commission – DG EMPL/B.1
DG Employment, Social Affairs and Inclusion
J-54 01/004
B – 1049 Brussels
Belgium
Email: empl-04-03-03-02@ec.europa.eu

Comentarios

A data límite de solicitude é 18 de abril de 2011 para as accións que comecen entre o 18 de xuño e o 22 de decembro de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante