Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2010/014 Proxecto piloto: Cooperación entre administracións públicas, empresas privadas e empresas sociais a favor da inclusión social e da integración no mercado laboral

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria ten como obxectivo promover novos modelos de cooperación entre as institucións públicas, as empresas privadas e as empresas sociais para a promoción da inclusión social e a integración no mercado laboral.

Eidos de actuación

Os proxectos teñen como obxectivo o identificación de boas prácticas que se poidan aplicar noutras rexións e Estados membros da UE. Máis especificamente, os proxectos débense centrar nos seguintes temas:
• Desenvolvemento de perspectivas innovadoras en relación cos servizos provistos e a promoción destes.
• Mellora da cooperación entre os actores, en particular, das administracións locais e os seus interlocutores para desenvolver políticas integradas que contribúan á cohesión social e ao progreso da comunidade.
• Deseñο de instrumentos que permitan recoller e analizar datos para mellorar o proceso de deseño de políticas públicas.
• Acceso ao crédito, incluídos os microcréditos e a exención de impostos así como a identificación de produtos financeiros para o desenvolvemento da economía social


As actividades a realizar poden comprender conferencias e seminarios, campañas de concienciación, divulgación de coñecementos ou campañas de formación e de información sobre as materias incluídas nos obxectivos xerais.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas constituídas e rexistradas nun dos Estados membros, administracións públicas ou axencias estatais ou semiestatais dalgún dos 27 socios da UE, ou organizacións sen ánimo de lucro, activas na área da economía social ou a inclusión social. Estas últimas deberán presentar o seu proxecto asociados a unha organización pública ou a unha axencia estatal ou semiestatal.

Socios

Quen presente o proxecto debe desenvolver este en cooperación con outras organizacións asociadas, de cando menos 3 Estados membros. Cada Estado membro debe estar representado por polo menos tres socios: unha administración pública ou unha axencia estatal a nivel nacional ou rexional, unha compañía privada e unha empresa social.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 80% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 1.500.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima das accións é de 18 meses.

Data límite de solicitude

02/03/2011

Documentación

Contacto

empl-vp-2010-014-PilotProject@ec.europa.eu

Comentarios

A convocatoria dará prioridade aos proxectos que involucren a distintos organismos públicos, organizacións sociais, organizacións sen ánimo de lucro, empresas sociais, etc.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante