Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2010/005 Intercambio de boas prácticas para a promoción do emprego xuvenil

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria ten dous obxectivos principais: mellorar as oportunidades de emprego para a mocidade e apoiar as boas prácticas na formación de novas competencias en tecnoloxías verdes. Cada proxecto deberá estar relacionado con tan so un dos obxectivos.

Eidos de actuación

As accións que poderán recibir unha subvención serán obradoiros, seminarios ou mesas redondas, estudos de caso sobre a mellora das oportunidades de traballo para a mocidade, visitas de estudo, intercambio de traballadores, actividades de comunicación para dar a coñecer os resultados das experiencias compartidas, campañas de información e de concienciación, e fortalecemento das redes existentes nos campos da mocidade e o traballo.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas constituídas e rexistradas nun dos Estados membros, Espazo Económico Europeo, países candidatos á adhesión á UE e candidatos potenciais (Serbia). Os solicitantes deberán ser administracións públicas, axencias semiestatais a nivel local, rexional ou estatal, ONG, universidades e institutos de investigación que traballen na área do emprego e a inclusión social.

Socios

A participación de socios non é obrigatoria mais si recomendable, sobre todo no caso de ONG, universidades e institutos de investigación. A convocatoria, de maneira explícita, recomenda a estas organizacións que se asocien con administracións públicas ou axencias semiestatais.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 80% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 2.750.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración de 12 meses.

Data límite de solicitude

30/09/2010

Documentación

Contacto

empl-d2-cfp@ec.europa.eu

Comentarios

A convocatoria dará prioridade aos proxectos que involucren a distintos niveis de goberno (nacional, rexional e local), así como que incorporen unha dimensión europea ás accións propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante