Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2010/016 Proxecto piloto para favorecer a conversión de traballo precario en empregos con dereitos

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

A convocatoria ten catro obxectivos primordiais:

• Mellorar o coñecemento das medidas recentemente adoptadas polos Estados membros para ampliar os dereitos dos traballadores precarios.
• Analizar a extensión do traballo precario e o papel que desempeña no funcionamento da economía.
• Promover o intercambio de información e experiencia entre os interlocutores sociais .
• Promover a cooperación transnacional entre os interlocutores sociais e a propagación das mellores prácticas.

Eidos de actuación

As accións a ser financiadas serán:
• Enquisas, estudos de campo e outros tipos de accións de recollida de información.
• Seminarios, conferencias e accións formativas relacionadas coa transformación do traballo precario en contratos laborais con máis e mellores dereitos sociais.
• Estudos de caso, que analicen o traballo precario, tendo en conta as diferentes categorías de traballadores, rexións e sectores económicos, incluíndo estudos comparativos entre diferentes Estados membros.
• Iniciativas para unha mellor recolleita, uso e espallamento da información sobre a transformación do traballo precario en empregos con dereitos, como por exemplo, páxinas web, publicacións, etc.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas constituídas e rexistradas nun dos Estados membros, así como tamén as organizacións sociais sen personalidade xurídica segundo a lexislación nacional, sempre que os seus representantes legais teñan a capacidade de asumir obrigas legais e responsabilidade financeira. Quedan excluídas as persoas físicas. Os solicitantes deberán pertencer a algunha destas categorías, interlocutores sociais, autoridades públicas, organizacións internacionais, organizacións europeas, ONG, institutos de investigación, universidades e organizacións da sociedade civil.

Socios

O proxecto debe ser realizado coa colaboración de varios socios, de cando menos dous Estados membros, ou por unha organización internacional ou europea.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 80% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

650.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración de 12 meses.

Data límite de solicitude

30/09/2010

Documentación

Contacto

empl-vp-2010-016@ec.europa.eu

Comentarios

Os proxectos deberán tratar cando menos un dos obxectivos recollidos na convocatoria e ser realizados completamente nos Estados membros.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante