Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2010/010 Proxectos innovadores para apoiar a mobilidade laboral na UE

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

A convocatoria ten dous obxectivos primordiais, o primeiro é desenvolver e analizar novas medidas e instrumentos, así como espallar boas prácticas no eido da mobilidade, como parte do Plan de Acción Europeo para a Mobilidade Laboral (2007-2010). En canto ao segundo dos obxectivos, busca analizar a acción dos servizos públicos de emprego, co fin de sacar conclusións que axuden a mellorar a eficiencia e eficacia destes, por medio da intercambio de experiencias e boas prácticas.

Eidos de actuación

No tocante ao primeiro dos obxectivos, relacionado coa mobilidade laboral, os proxectos deberán centrarse no desenvolvemento de novos instrumentos, prácticas e colaboracións, diseminación e divulgación dos existentes instrumentos e prácticas no eido da mobilidade laboral. Os proxectos deberanse centrar no traballo en rede, análise e diseminación das metodoloxías e os resultados entre os socios participantes en programas e actividades de mobilidade laboral a nivel comunitario, estatal, rexional ou local. Terán especial prioridade aqueles proxectos que se centren na mocidade.

En canto ao segundo dos obxectivos, os proxectos deberán escoller as actividades realizadas polos servizos de emprego máis acaídas con respecto ás prioridades e obxectivos da Estratexia Europea de Emprego. Ademais deberán crear indicadores cualitativos e cuantitativos para comparar as actividades dos servizos de emprego nacionais, así como recoller datos e formar unha base de datos. Por último, os solicitantes deberán analizar os resultados co obxectivo de elixir as mellores prácticas e divulgar os resultados entre os servizos de emprego nacionais participantes. A Comisión daralle prioridade a aqueles proxectos que involucren a un gran número de servizos de emprego, a poder ser, todos os dos Estados membros da UE e do Espazo Económico Europeo. Ademais tamén se primarán aqueles proxectos que traten de maneira específica a contribución dos servizos de emprego á flexiseguridade, e a axenda “novas capacidades para novos empregos”.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser persoas xurídicas constituídas e rexistradas nun dos Estados membros ou nun dos participantes no programa PROGRESS, así como tamén organizacións sen ánimo de lucro na área da política de emprego ou a inclusión social, a condición de que presenten a súa solicitude en asociación cunha autoridade pública nacional, rexional ou local, ou axencia estatal ou semiestatal dalgún participante do programa PROGRESS, ou dalgún Estado membro da Unión.

Socios

O proxecto pode ser realizado en solitario pola organización escollida, ou coa colaboración de un ou varios socios, aínda que a convocatoria non obriga nin da prioridade a aqueles proxectos que sexan realizados coa participación de varios socios. Porén, deberase especificar na solicitude cal é a contribución financeira de cada socio.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 80% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 1.200.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración de 24 meses.

Data límite de solicitude

14/09/2010

Documentación

Contacto

empl-d3-unit@ec.europa.eu

Comentarios

Cada solicitude deberá centrarse nun dos dous obxectivos.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante