Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2010/017 Proxectos piloto sobre emprego para persoas con autismo

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Financiar proxectos que permitan a obtención dun maior coñecemento sobre o autismo e a adaptación e integración das persoas con este trastorno ao mundo laboral por medio da súa inserción no mercado laboral.

Eidos de actuación

A convocatoria busca por medio do emprego de persoas con autismo, a obtención de datos e coñecemento sobre este trastorno e os obstáculos que sofren no mundo laboral aqueles que o padecen. O obxectivo disto, ademais do obvio que é empregar a persoas cunha discapacidade, é definir medidas e políticas que favorezan a inclusión na sociedade e no mercado laboral deste colectivo, por medio da avaliación das experiencias das empresas e as persoas con autismo seleccionadas pola organización que presenta o proxecto. A convocatoria establece, por tanto, a necesidade de promover o intercambio de boas prácticas, elaborar un plan para divulgar os resultados, e o deseño dun plan de acción e execución do proxecto, que deberá incluír varios tipos e ambientes de traballo.

Destinatarios

Organizacións con ánimo e sen ánimo de lucro, incluíndo administracións públicas, universidades e centros de investigación, organizacións da sociedade civil e interlocutores sociais. Os solicitantes deben ter un obxectivo social relacionado coa convocatoria e estar legalmente constituídos nalgún dos 27 Estados membros da UE.

Socios

O proxecto pode ser realizado en solitario pola organización escollida ou coa colaboración de un ou varios socios, aínda que a convocatoria non obriga nin da prioridade a aqueles proxectos que sexan realizados coa participación de varios socios.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 80% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

1 millón de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración de 12,18 e 24 meses.

Data límite de solicitude

19/08/2010

Documentación

Contacto

empl-vp-2010-017@ec.europa.eu

Comentarios

A organización solicitante da subvención non ten por que ser quen empregue ás personas afectadas por autismo, senon que pode encontrar un posto de traballo nalguna outra organización ou empresa que decida colaborar con ela.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante