Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2010/013 Reconversión industrial, benestar no traballo e participación financeira

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Conceder subvencións para proxectos de diseminación de boas prácticas que persigan:
• Unha mellora da formación e coñecemento sobre a reconversión.
• Unha mellor comprensión de como o proceso de cambio industrial afecta á saúde e ao benestar no traballo.
• A promoción da participación financeira dos traballadores.

Eidos de actuación

Dentro do primeiro dos obxectivos, mellorar a formación e o coñecemento sobre a reconversión, financiaranse reunións, mesas redondas, estudos, conferencias ou seminarios que permitan:
• Promover o intercambio de boas prácticas entre os actores que toman parte nos procesos de reconversión industrial.
• Fomentar as actividades realizadas por asociacións de compañías ou de interlocutores sociais, ou autoridades públicas que participen en procesos de reconversión, así como o apoio á creación destas asociacións.
• Medidas a nivel nacional que permitan aos traballadores contar cunhas mellores capacidades e destrezas para facer fronte á reconversión industrial.

En canto ao segundo dos obxectivos, a mellor comprensión dos efectos da reconversión industrial na saúde e benestar dos traballadores, o que se prevé financiar son actividades divulgativas como seminarios, conferencias nos que se traten as seguintes materias:
• Prevención de enfermidades relacionadas co traballo dos empregados que sofren a reconversión industrial.
• Concienciación sobre os factores que producen o estres e a resistencia ao cambio durante a reconversión.
• Actividades que traten o impacto negativo da reconversión industrial na saúde e na inclusión social.
• Definir unha serie de recomendacións e guías de boas prácticas para impedir ou reducir as consecuencias negativas das reconversións sobre a saúde, así como definir medidas preventivas.

En relación ao terceiro dos obxectivos, promover a participación financeira dos traballadores, tan so serán financiadas os seguintes actos: reunións, seminarios e conferencias así como actividades de formación.

Destinatarios

Esta convocatoria está aberta para todos os actores de todos os países participantes no programa PROGRESS, incluíndo aos estados da EFTA, os países candidatos e Serbia. Os solicitantes poderán ser organismos públicos, autoridades locais e rexionais, ou interlocutores sociais,ONG e asociacións da sociedade civil ou organizacións internacionais. Deben ter personalidade xurídica e estar constituídos e rexistrados en algún dos países participantes no programa PROGRESS.

Socios

Aínda que non é necesaria a participación de socios, si se lle da prioridade ás actividades que se realicen en colaboración con outras organizacións dun importante número de países participantes no programa PROGRESS.

Financiamento

O apoio financeiro da Comisión non poderá exceder do 80% dos custes totais subvencionables

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria ascende até os 1.260.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración de 12 meses.

Data límite de solicitude

30/07/2010

Documentación

Contacto

empl-04-04-01-03@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante