Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2010/015 Proxecto piloto para previr o maltrato aos anciáns

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Financiar proxectos que teñan como obxectivo a análise das recomendacións e regulacións a nivel nacional e europeo sobre os dereitos dos anciáns dependentes, a súa aplicación efectiva, e as medidas necesarias para apoiar este proceso de posta en práctica.

Eidos de actuación

O financiamento será destinado a:
• Organizar en varios Estados membros un debate público, coa participación de representantes das diferentes áreas relacionadas coa asistencia á terceira idade, así como organizacións que representen aos anciáns e aos usuarios de servizos de asistencia. Nestes debates deberíase tratar a aplicación das recomendacións e cartas de dereitos a nivel comunitario e nacional e identificar os obstáculos existentes para realizar isto.
• Levar estas conclusións á práctica por medio de instrumentos que faciliten a aplicación destas recomendacións e normas, como poden ser directrices xerais, mecanismos de control...
• Preparar unha conferencia onde os resultados do proxecto poidan ser presentados e discutidos.

Destinatarios

Os solicitantes desta subvención haberán estar legalmente constituídos e rexistrados nun dos 27 Estados membros, non ter ánimo de lucro, incluíndose neste grupo tamén ás autoridades públicas ou ás axencias que son parte dos servizos públicos de asistencia ou de saúde, universidades e centros de investigación, así como organizacións da sociedade civil.

Socios

A natureza da proposta fai innecesaria a participación de socios.

Financiamento

Poderanse subvencionar até un 80% dos custes totais.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 450.000€.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 24 meses

Data límite de solicitude

11/08/2010

Documentación

Contacto

EMPL-E1-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

Os solicitantes deberán demostrar que os resultados dos seus proxectos contribuíran de maneira significativa á mellora da prevención do maltrato aos anciáns. Así mesmo, os proxectos deben ser deseñados de maneira que os seus resultados sexan relevantes para os Estados membros e para o debate europeo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante