Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para actividades experimentais no ámbito da política social - PROGRESS

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

O programa Progress está destinado a apoiar financeiramente a execución dos obxectivos da Unión Europea en materia de emprego e asuntos sociais, en cinco ámbitos concretos: emprego, protección e inclusión social, condicións de traballo, non discriminación, diversidade e igualdade de xénero. Entre os principais obxectivos do programa Progress atópanse os seguintes:
-Mellorar o coñecemento e a comprensión da situación imperante nos Estados membros mediante análise, avaliacións e un estreito seguimento das políticas.
-Apoiar o desenvolvemento de métodos e instrumentos estatísticos e indicadores comúns, no seu caso desglosados por sexo e por grupo de idade.
-Fomentar a creación de redes, a aprendizaxe mutua, a determinación e a difusión de boas prácticas e de enfoques innovadores a escala europea.
-Sensibilizar ás partes interesadas e ao público en xeral sobre as políticas e os obxectivos da Comunidade perseguidos en cada unha das cinco seccións.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria está destinada a deseñar intervencións de política social nos seguintes ámbitos:
- Activación, permitindo os beneficios e servizos de apoio á inclusión das persoas na sociedade e o mercado laboral.
- Sistemas de protección social para responder ás necesidades das persoas durante toda a súa vida.
- Medidas máis eficaces e eficientes relativas ao gasto para garantir unha protección social adecuada e sostible.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos, Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) e terceiros países.

Destinatarios

Aberto para entidades localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos: organizacións non gobernamentais, entidades públicas de todo tipo, incluídas locais e rexionais, universidades.

Financiamento

A cantidade cofinanciada pola convocatoria sitúase entre 700.000€ e 1.000.000€, quedando fixada a porcentaxe máxima da subvención en 80%. O 20% restante financiarano as entidades participantes na convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

A previsión global orzamentaria para esta convocatoria é de 3,5 M€.

Data de publicación

20/09/2013

Data límite de solicitude

16/12/2013

Documentación

Contacto

As dúbidas e cuestións sobre a presente convocatoria enviaranse de maneira exclusiva, por correo electrónico, indicando claramente a referencia VP/2013/012, ao seguinte enderezo: empl-vp-2013-012@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante