Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción preparatoria O teu primeiro emprego Eures - PROGRESS

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Os obxectivos « O teu primeiro emprego Eures » para 2013 son os seguintes:
- Proporcionar aos mozos acceso aos puestos de traballo noutros países da UE e, ademais, facilitar a adecuación e a colocación dos aprendices e traballadores en prácticas para axudar a realizar a transición da educación ao traballo;
- Contribuír a cubrir as vacantes de cuello de botella coa man de obra xove existente na UE;
- Fomentar a libre circulación dos traballadores establecida no Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE, art 45.)

Obxectivo específico da convocatoria

- Prácticas e/ou prácticas de aprendizaxe (que consiste no suministro de información, a contratación, a colocación da formación baseada no traballo e, posiblemente, servizos de titoría).
- Colocacións de emprego (que consiste no suministro de información, selección de persoal, búsqueda de traballo e servizos de colocación).

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea, Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos, Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) e terceiros países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos: organizacións non gubernamentais, entidades públicas de todo tipo, incluídas locales e rexionais, universidades.

Financiamento

A convocatoria pretende financiar entre seis e dez proxectos, destinados á colocación laboral de 1.500 mozos e mozas europeos nun Estado membro diferente ao seu país de orixe. A media dos custos xerados por cada posto de traballo estímase en 3.300€.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria é de 5 millóns de euros.

Data de publicación

22/09/2013

Data límite de solicitude

10/12/2013

Documentación

Contacto

empl-VP-2013-014@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante