Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de accións para ong antidiscriminación e igualdade de xénero - PROGRESS

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Apoiar financeiramente a execución dos obxectivos da UE en materia de emprego e asuntos sociais, conforme ao establecido na Comunicación da Comisión sobre a Axenda Social e, deste modo, contribuír a acadar os obxectivos da Estratexia de Lisboa nestes eidos.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar actividades que contribúan ao desenvolvemento, implementación e seguimento das políticas e lexislacións nacionais e da UE nun dos seguintes eidos:
- Non-discriminación e integración dos calós (4.300.000€)
- Igualdade de dereitos das persoas con discapacidade (2.100.000€)
- Igualdade entre mulleres e homes (950.000€)

Eidos de actuación

Asuntos sociais e inclusión

Destinatarios

Entidade non-gobernamental, sen ánimo de lucro e de carácter independente, operativa a escala europea e establecida nun dos países participantes no programa PROGRESS: Estados membros, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Antiga República Iugoslava de Macedonia, Serbia e Turquía.

Socios

Poden incluírse socios no proxecto.

Financiamento

Ata un 80% do total dos custos admisibles do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

7.350.000€

Duración do proxecto

Os proxectos deberán desenvolverse nun prazo máximo de 12 meses.

Data de publicación

30/07/2013

Data límite de solicitude

01/10/2013

Documentación

Contacto

JUST-PROGRESS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante