Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para apoiar o desenvolvemento de estratexias de reforma dos sistemas de protección social - PROGRESS

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Os sistemas de protección social na UE difiren entre sí amplamente en canto ao nivel, composición e modelo de financiamento, así como nos resultados que obteñen.

Esta heteroxeneidade tanto no gasto como nos acordos de financiamento correspondentes aos diferentes sistemas de protección social aparece relacionada cos resultados sociais e económicos dos distintos países.

A presente convocatoria está destinada a financiar proxectos que xeren coñecemento e evidencia para contribuír a realizar os programas nacionais de reforma.

Obxectivo específico da convocatoria

As subvencións estarán destinadas a promover:
- A análisise da relación custo-efectividade do sistema de protección social. ”Check-up” debera tomar aas interdependencias no sistema fiscal e de prestacións no país, así como os impactos socio-económicos máis amplos (no emprego, a competitividade, os incentivos para aforrar e asumir risgos empresariais).
- A avaliación de/ a competencia nas estratexias de reforma dos gastos de protección social ou de financiamento, con especial atención aos efectos das reformas sobre a cobertura, adecuación, o gasto público e os incentivos do comportamento.
- O intercambio de boas prácticas e leccións aprendidas das experiencias de reforma no pasado.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico seguinte: Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE),
países candidatos, Asociación Europea de Libre Comercio (AELC), terceiros países.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituidas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos: organizacións non gubernamentais,
entidades públicas (todo tipo), entidades públicas locais, entidades públicas rexionais, universidades.

Financiamento

A porcentaxe máxima de cofinanciamento corresponde ao 80% dos custos totais elixibles.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario conta cun orzamento global de 2,00 M€

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto non excederá de 24 meses

Data de publicación

24/07/2013

Data límite de solicitude

07/10/2013

Documentación

Contacto

Consultas sobre a convocatoria: empl-vp-2013-013-1@ec.europa.eu
Consultas sobre a plataforma de solicitude: empl-swim-support@ec.europa.eu

Comentarios


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante