Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Desprazamento de traballadores: reforzar a cooperación administrativa e o acceso á información - Progress

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Financiar iniciativas para reforzar a implantación, a aplicación e a garantía de cumprimento da Directiva 96/71/CE, sobre o desprazamento de traballadores efectuado no marco dunha prestación de servizos.

Obxectivo específico da convocatoria

En concreto financiarase:
- Promoción da cooperación transnacional entre os interesados e a difusión das mellores prácticas.
- Aumento do coñecemento e a transparencia dos distintos sistemas de cooperación administrativa en los Estados membros.
- Aumento do coñecemento e a transparencia das diferentes prácticas e dos termos e condicións de emprego que deben respectarse nos Estados membros.
- Promover o intercambio e a formación dos funcionarios competentes e dos interlocutores sociais.
- Promoción do intercambio de información e mellores prácticas, tales como a elaboración ou actualización de bases de datos ou sitios web que conteñen conxuntos de información xeral ou específica do sector sobre as cláusulas e condicións de traballo deben ser respectados entre as partes interesadas.

Eidos de actuación

Emprego, política social e inclusión.

Destinatarios

Autoridades públicas, organizacións internacionais, organizacións sen ánimo de lucro, centros e institutos de investigación, universidades e organizacións da sociedade civil, interlocutores sociais a todos os niveis, empresas, ou comités de empresa europeos. Deben estar sitas nun dos Estados membros da UE, Noruega, Islandia ou Liechtenstein.

Socios

O proxecto deberá contar con polo menos tres socios.

Financiamento

Ata o 80% dos custes admisibles do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

2.440.000€

Duración do proxecto

Os proxectos deberán comezar entre o 1 de novembro de 2013 e o 31 de decembro de 2013, cunha duración máxima de 12 meses.

Data de publicación

21/06/2013

Data límite de solicitude

13/09/2013

Documentación

Contacto

Empl-VP-2013-008@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante