Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas: Acordo marco ONG inclusión social en Europa - Progress

Programa

PROGRESS

Obxectivo xeral

Apoiar financeiramente a execución dos obxectivos da Unión Europea en materia de emprego e asuntos sociais, conforme ao establecido na Comunicación da Comisión sobre a Axenda Social e, deste modo, contribuír a acadar os obxectivos da Estratexia de Lisboa nestes eidos.

Obxectivo específico da convocatoria

Establecer unha cooperación a longo prazo entre a Comisión Europea e as redes a escala europea activa na promoción da inclusión social e a redución da pobreza na sociedade, así como as redes a escala europea activas na promoción do acceso ao financiamento (microfinanciamento ou o financiamento social de empresas).

Eidos de actuación

Emprego, política social e inclusión

Destinatarios

Redes de ONG que operen a escala europea e sitas nun dos países participantes no programa PROGRES: Estados membros da UE, Noruega, Islandia, Liechtenstein, Serbia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía.

Financiamento

Ata o 80% dos custes admisibles do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

11.000.000€

Duración do proxecto

Do 1 de xaneiro de 2014 ao 31 de decembro de 2017.

Data de publicación

11/07/2013

Data límite de solicitude

06/09/2013

Documentación

Contacto

empl-vp-2013-006@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante