Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EURES - Servizos Europeos de Emprego - VP/2013/004

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

A Comisión Europea invita aos membros da rede EURES e outras organizacións elixibles a presentar solicitudes de financiamento de EURES dentro da liña orzamentaria 04 03 04.
”O teu primeiro traballo EURES” non ten a mobilidade laboral como un fin en sí mesmo, senón máis ben será un instrumento para impulsar o desenvelmento económico e mellorar as taxas de emprego e a empregabilidade dos xoves traballadores.

Obxectivo específico da convocatoria

As actividades que poden recibir financiamento no marco desta convocatoria deberán estar de acordo coas accións clave das seguintes sete liñas directrices:
- Directriz 1: Mellorar o acceso a EURES;
- Directriz 2: Garantir servizos aos empregadores;
- Directriz 3: A prestación de servizos aos solicitantes de emprego, cambiar de traballo e os desempregados;
- Directriz 4: Creación de redes con outros actores;
- Directriz 5: Funcionamiento da rede;
- Directriz 6: Implementación das actividades transfronteirizas;
- Directriz 7: Preparación de EURES para a súa reforma.

Eidos de actuación

Aberto para entidades públicas de todo tipo localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Destinatarios

Entidades ou organizacións que dispoñan da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE) e países candidatos. Pode presentarse unha solicitude individual ou formando un consorcio con outros co-beneficiarios.

Financiamento

A taxa de cofinanciamento non excederá o 95% do total dos custos elixibles, sempre e cando estes se atopen relacionados coas liñas directrices da convocatoria. Por outra parte, os custos relacionados cos gastos en persoal non execederán o 50% do total dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

14.200.000 €

Duración do proxecto

A duración total do proxecto non excederá os 19 meses, comezando en xuño de 2013 e concluíndo, a máis tardar en decembro de 2014.

Data de publicación

30/04/2013

Data límite de solicitude

31/05/2013

Documentación

Contacto

31/05/2013

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante