Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2012/012 - Acción preparatoria Garantía Xuvenil - Apoio ás asociacións para as medidas de activación dirixidas aos mozos

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas está destinada a seleccionar e financiar asociacións que apoien a avaliación de:

- A cooperación entre as partes interesadas/actores para levar a cabo as medidas de activación dirixidas aos mozos para a posta en marcha dos novos mecanismos de Garantía Xuvenil. As partes interesadas pertinentes contarían co apoio a nivel nacional, rexional ou local na prestación de asesoramento e axuda en relación coa implementación dun plan de Garantía xuvenil.

- Programas a nivel nacional, rexional ou local para mozos en risco de abandonar o sistema educativo demasiado pronto: para desenvolver as súas capacidades e neste contexto, que poñan especial énfase no traballo en rede entre todas as partes interesadas (talles como empresas, escolas/centros de formación profesional, servizos de benestar, servizos de emprego, etc) como unha medida importante para mellorar a integración dos mozos no mercado laboral.

- Nas rexións e áreas locais, onde as taxas de desemprego xuvenil están por encima da media da UE e/ou moi por encima das medias nacionais, enfoques innovadores que se apliquen aos mozos que se enfrontan a numerosos obstáculos (talles como a exclusión social, a pobreza ou a discriminación) para entrar no mercado laboral, en particular aqueles que viven en zonas rurais, zonas urbanas desfavorecidas e remotas e periféricas.

Eidos de actuación

Co fin de realizar as tarefas que se consideren necesarias para implementar os sistemas de Garantía Xuvenil, o seguinte tipo de actividades serán elegibles para recibir fondos da UE:

- Deseño dun sistema de Garantía Xuvenil, a constitución e coordinación da asociación para ofrecer o esquema elixido;
- Xestión do proxecto, incluíndo todas as actividades necesarias pola asociación e os seus membros para conseguir o enfoque elixido (por exemplo, asesoramento externo, talleres, seminarios, sesións de capacitación e calquera outro tipo de reunións e no seu caso, viaxes e aloxamento);
- Calquera outra actividade necesaria para apoiar e xestionar a fase de proba cos mozos, incluídos os servizos individualizados, as viaxes e os gastos de aloxamento para o grupo de mozos;
- Desenvolvemento dunha avaliación integrada dos resultados do proxecto, incluídos o esquema de Garantía Xuvenil xa probado e da asociación correspondente.

Destinatarios

A presente convocatoria está destinada ás autoridades públicas locais e rexionais, universidades, servizos de emprego, etc..

Socios

É necesario a creación dun partaneriado con membros do mesmo país.

Financiamento

A Comisión cofinancia ata un 95% dos gastos elexibles. Prevese a selección duns 15 proxectos cuns importas comprendidos entre os 100.000 euros e os 250.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 3,6 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración máxima das actividades non pode superar os 12 meses.

Data de publicación

14/08/2012

Data límite de solicitude

22/10/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada coa convocatoria envien un correo ao:

empl-vp-2012-012ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante