Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2012/008 - Apoio a unha asociación para mellorar a capacidade europea para facer fronte aos cambios demográficos e sociais

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

O obxectivo da presente convocatoria de propostas ten por obxecto a cofinanciación dunha asociación que poida promover unha maior concienciación en canto os desafíos demográficos e sociais e as posibles respostas políticas na Unión Europea entre os responsables políticos e os cidadáns. Para iso, ofrécense subvencións a un proxecto xestionado por unha asociación formada por organismos de investigación sen ánimo de lucro, institucións públicas e organizacións da sociedade civil.

Eidos de actuación

A asociación debería centrarse na recompilación e difusión dos feitos clave, figuras, tendencias e análises de políticas sobre o cambio demográfico na UE co obxectivo de alcanzar unha ampla audiencia non especializada e a promoción dun debate público ben informado ademais das respostas políticas adecuadas, entre o público en xeral en todos os Estados membros en todos os niveis de goberno.
Para iso, a asociación podería orientarse cara á preparación de breves presentacións dirixidas á web que transmitan as mensaxes esenciais sobre as tendencias demográficas e a necesidade de mitigar a adaptación a estes cambios.

Destinatarios

Os destinatarios deben de ser univesidades, centros de investigación, ONG ou calquera tipo de organismo público establecido nun dos 27 estados membros.

Financiamento

A cofinanciación é dun 80%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a uns 500.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deben de durar exactamente 36 meses.

Data de publicación

05/06/2012

Data límite de solicitude

11/09/2012

Documentación

Contacto

Se desexan máis información sobre as presente convocatoria envien un correo ao:

empl-vp-2012-008ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante