Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2012/005 - Reforzar as redes de aprendizaxe para unha execución máis eficaz das accións transnacionais

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

As redes de aprendizaxe que serán designadas conforme á presente convocatoria deben centrarse en temas e cuestións relevantes para a realización da axenda Europa 2020. A presente convocatoria ten a intención concreta de facilitar o desenvolvemento de redes sostibles, abertas e participativas sobre os temas e os aspectos pertinentes para a entrega da axenda Europa 2020, tendo como obxectivos específicos:
1. A mellora da calidade e a eficiencia dos programas dos Fondos Estruturais e do seu impacto no emprego e a inclusión social a través de toda a Unión, e
2. Contribuír á elaboración de políticas a nivel da UE, en particular no contexto da Estratexia Europa 2020 e as súas iniciativas emblemáticas a través de:
- A explotación de oportunidades para os administradores de programas, actores estratéxicos, os departamentos gobernamentais encargados das políticas apoiadas polo FSE e os seus practicantes, para aprender o un do outro e un co outro;
- Aproveitar as boas prácticas nos programas operativos do FSE (en particular, da acción innovadora e a cooperación transnacional), e
- A transformación de aprendizaxe común en mensaxes políticas relacionados con tema/cuestión específico.

Eidos de actuación


Os temas/cuestiones aos que se refiren os obxectivos poden centrarse no seguinte:
- A inclusión activa, incluíndo a inclusión social para empoderamiento dos grupos máis vulnerables
- Xestión da idade e envellecemento activo
- Xénero
- Espírito empresarial dos mozos inclusivo
- Integración das comunidades marxinadas, como os romaníes
- Xestión e control dos sistemas dos Fondos Estruturais
- Asociación
- Reformas da Administración Pública
- Economía Social e Empresas Sociais
- Innovación Social
- A transnacionalidad no FSE.

Destinatarios

A presente convocatoria esta destinada ás entidades públicas, autoridades de xestión, organismos intermediarios dos programas co-financiados polo FSE.

Socios

Recoméndase que a composición do parteneriado sexa a seguinte:
un socios dalgún estado membro da UE15 e outros 5 socios de 5 países de recente incorporación.

Financiamento

A convocatoria financia ata 80% dos gastos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 2,5 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración mínima das actividades debe de ser de 18 meses pero non superior a 24 meses.

Data de publicación

17/05/2012

Data límite de solicitude

14/09/2012

Documentación

Contacto

Para realizar preguntas relacionadas coa presente convocatoria, envien un correo ao:

empl-vp-2012-005ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante