Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2012/004 - Accións para a Cooperación e a Información na Coordinación da Seguridade Social

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

Os obxectivos desta convocatoria de propostas son apoiar:

1. Iniciativas e accións que teñan unha dimensión transnacional, cuxo obxectivo é desenvolver a cooperación entre institucións de seguridade social, e/ou teñen por obxecto mellorar a información do público sobre os seus dereitos e obrigacións derivados do Regulamento da UE sobre a coordinación da seguridade social no exercicio do dereito de libre movemento;
2. Iniciativas e accións transnacionales encamiñadas á preparación e execución do sistema de intercambio electrónico de datos (EESSI);
Iniciativas e actividades nacionais destinadas á preparación e execución do sistema de intercambio electrónico de datos (EESSI).

Eidos de actuación

Sobre a base dos obxectivos descritos anteriormente, definíronse tres sub-programas:
Accións transnacionales de cooperación entre as institucións de seguridade social e/ou para mellorar a información do público acerca dos seus dereitos e obrigacións derivados da normativa da UE sobre a coordinación da seguridade social
Accións transnacionales para a preparación e execución do sistema de intercambio electrónico de datos (EESSI)
Accións nacionais para a preparación e execución do sistema de intercambio electrónico de datos (EESSI)

Destinatarios

Os destinatarios podes ser entidades públicas ou privadas establecidas nun e os países da UE 27 máis Islandia, Liechtenstein e Noruega.
Destinatarios poden ser:
- Institucións nacionais da Seguridade Social ou ONG, asociacións de traballadores sociais, etc.

Financiamento


A cofinanciación neste proxecto non supera o 80% dos gastos elexibles, pero en ningún caso máis de 200.000

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 2,63 millóns de euros.

Duración do proxecto

As accións poden durar ata 15 meses.

Data de publicación

21/03/2012

Data límite de solicitude

31/05/2012

Documentación

Contacto

Para calquera pregunta relacionada á presente convocatoria envien un correo ao:
empl-b4-calls-proposals@ec.europa.eu

Rógase NON telefonar.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante