Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2012/002 - Accións de formación e información dirixidas ás organizacións sindicais

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria de propostas é financiar operacións destinadas a desenvolver a participación do empregado nas empresas, é dicir, calquera mecanismo, incluída a información, consulta e participación, a través do cal os representantes dos traballadores poden exercitar e influír nas decisións que se adopten na empresa, en particular, mediante a creación de concienciación e contribuíndo á aplicación da lexislación da UE e as súas políticas nesta área.
O obxectivo específico desta convocatoria é financiar accións de formación e información dirixidas ás organizacións
sindicais.

Eidos de actuación

As organizacións admisibles son as organizacións de interlocutores sociais que representan aos traballadores a nivel europeo, nacional ou rexional; o domicilio social destas organizacións debe estar situado nun dos Estados membros da Unión Europea.

Destinatarios

A convocatoria esta dedicada principalmente aos sindicatos ou calquera organización que defende os intereses dos traballadores.

Financiamento

A cofinanciación para esta convocatoria será de 90%; teñan en conta que no ano 2011 a media de cofinanciación foi de 160.000 euros/proxecto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a 3.420.000 euros.

Duración do proxecto

En principio as actividades non poden superar os 12 meses.

Data de publicación

08/03/2012

Data límite de solicitude

07/05/2012

Documentación

Contacto

Calquera pregunta relacionada coa convocatoria deberá ser enviada mediante correo electrónico en inglés, alemán ou francés para unha resposta máis rápida. Por favor non telefonar.

correo-e: empl-04-03-03-02@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante