Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2012/003 - Información, consulta e participación dos representantes das empresas

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria de propostas é financiar operacións destinadas a desenvolver a participación do empregado nas empresas, é dicir, calquera mecanismo, incluída a información, consulta e participación, a través do cal os representantes dos traballadores poden exercitar e influír nas decisións que se adopten na empresa, en particular, mediante a creación de concienciación e contribuíndo á aplicación da lexislación da UE e as súas políticas nesta área.

Eidos de actuación

As modalidades de acción subvencionables por esta convocatoria de propostas son as seguintes:

TIPO I - Proxectos de cooperación transnacionales
A. Conferencias, seminarios, accións de formación de curta duración, manuais e o intercambio de información e de boas prácticas que involucran a traballadores e/ou dos representantes dos empleadores; papeis

B. Análise dos aspectos cuantitativos, cualitativos e dos resultados en temas relacionados coa representación dos traballadores e de empleadores e o diálogo social a nivel da empresa nun contexto de cooperación transnacional;
C. Páxinas web, publicacións, boletíns de noticias e outros medios para a difusión de información

Tipo II- Puntos de información e observación
D. Servizo de axuda e asistencia aos proxectos de cooperación transnacional presentados polos traballadores e/ou representantes dos empleadores, así como a observación da experiencia en relación cos organismos transnacionales de representación a nivel de empresa. As actividades deste tipo de estruturas poden incluír estudos, informes e bases de datos, relacionados coa información, consulta e participación dos empregados, así como sitios web, publicacións, boletíns e outros medios para a difusión de información.

Destinatarios


Para a presente convocatoria son elegibles entes públicos 8representantes dos traballadores) e privados dos Estados Membros. As persoas físicas NON son elegibles.

Socios

Non hai un número mínimo de socios.

Financiamento

A cofinanciación é de 80%. No 2011 a cofinanciación por proxecto foi en media uns 130.000 euros.

Orzamento total da convocatoria


O orzamento total da convocatoria é de 7,5 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades poden durar ata 12 meses.

Data de publicación

09/03/2012

Data límite de solicitude

30/04/2012

Documentación

Contacto

Para máis información acerca da presente convocatoria envien un correo ao
empl-04-03-03-03ec.europa.eu
Por favor NON telefonar, envíenos as súas dúbidas mediante o correo electrónico se pode ser en inglés, francés ou alemán.

Comentarios

Atención: Esta convocatoria ten dous prazos límite para lle envio das solicitudes:
1. o 30 de abril 2012 para as actividades que comezan antes do 30 de Xuño 2012 e
2. o 4 de setembro para as actividades que comezan antes do 4 de Novembro 2012 e non máis tarde de 22 de Decembro 2012

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante