Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/011. Proxecto piloto para fomentar a conversión do traballo precario en emprego con dereitos.

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

Realizar estudos, investigacións e intercambios de información sobre a conversión do traballo precario en emprego con dereitos.

Obxectivo específico da convocatoria

1. Acadar un mellor coñecemento das medidas recentemente adoptadas nos Estados membros para extender os dereitos dos traballadores en situacións precarias e, especialmente, dos traballadores máis pobres;
2. Conseguir unha vision global da extensión do traballo precario e dos seus efectos no funcionamiento da economía;
3. Promover o intercambio de información e de experiencias entre os interesados;
4. Promover a cooperación trasnacional e difundir as mellores prácticas.

Eidos de actuación

Poderán realizarse enquisas, estudos de campo e outro tipo de actividades de recopilación de información; seminarios, conferencias e accións de formación de curta duración centradas na conversión das relacións de emprego precarias en contratos con máis dereitos sociais, incluíndo os estudos previos, a organización de mesas redondas, os intercambios de experiencias e mellores prácticas e redes de expertos; investigación dos problemas do traballo precario con respecto a categorías específicas de traballadores, rexións e/ou sectores económicos, e a mellora dos dereitos asociados a ese traballo, incluíndo estudos comparativos da situación dos distintos Estados; iniciativas para mellorar a recompilación, uso e difusión da información sobre a conversión do traballo precario en emprego con dereitos, tales como sitios web, publicacións, etc

Destinatarios

Persoas xurídicas debidamente constituidas e rexistradas nun dos Estados membros da UE, que poidan encadrarse nalgunha das seguintes categorías: interlocutores sociais, administracións públicas, organizacións internacionais, organizacións europeas, ONG, centros e institutos de investigación, universidades e organizacións da sociedade civil.

Financiamento

A contribución financeira da UE será como máximo do 80% do total dos custes elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 EUR

Duración do proxecto

As accións comezarán entre o 13 de novembro e o 22 de decembro de 2011.
A duración máxima das operacións será de 12 meses.

Data de publicación

01/09/2011

Data límite de solicitude

22/09/2011

Documentación

Contacto

Call for proposals VP/2011/011
Budget heading 040408
European Commission – DG EMPL/B.2
ARCHIVE Rue Joseph II ,54
B 1049 Brussels Belgium
Email: empl-vp-2011-011@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante