Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/012. Proxecto Piloto:Cooperación total entre as autoridades públicas, empresas comerciais e empresas sociais para a inclusión social e a integración no mercado laboral.

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria é a creación de proxectos piloto destinados a promover modelos innovadores para a cooperación e asociación entre institucións públicas e empresas de carácter social ou comercial. Preténdese crear asociacións específicas destinadas a aumentar a eficacia e orientadas a identificar, medir e aprobar as boas prácticas para que poidan ser reproducidas noutros países e rexións da UE.

Obxectivo específico da convocatoria

Trátase de crear foros de diálogo para a promoción e o intercambio de boas prácticas, contribuíndo deste xeito ao logro dos seguintes obxectivos:
- Fomentar un maior compromiso activo por parte do mundo dos negocios en canto á responsabilidade social das empresas, particularmente nas comunidades locais;
- Propoñer solucións eficaces aos problemas socioeconómicos que afectan a varias áreas e grupos específicos;
- Producir resultados medibles na integración de grupos vulnerables

Eidos de actuación

A. Avaliación e modelaxe de estruturas sociais innovadoras, novas relacións entre empregadores e traballadores e entre os distintos actores da sociedade civil.
B. Mellora da adecuación das necesidades e demandas das empresas con fins de lucro para o suministro de servizos das empresas sociais, en particular mediante o acceso á oferta e á demanda.
C. Difusión de casos exitosos de fortalecemiento da cooperación entre o sector público, empresas con ánimo de lucro e empresas sociais.
D. Inventario e análise do impacto social das actividades de economía social sobre a base de exemplos reais co fin de mellorar a formulación de políticas.
E. O acceso ao crédito (incluidos os microcréditos) e as desgravacións fiscais adaptadas á economía social.

Destinatarios

Administraciós públicas, axencias públicas ou semi-públicas (a nivel central ou rexional) que realicen un servizo público de emprego nun Estado membro da UE. En todo caso o propoñente debe estar legalmente constituido e registrado nun Estado membro da UE.

Socios

As propostas deben ser desenroladas e implementadas a través dunha asociación establecida a nivel trasnacional, composta por organizacións de alomenos tres Estados membros, debendo participar alomenos tres socios en cada Estado membro.
Poderán participar as administracións públicas, axencias públicas ou semipúblicas, empresas sociais e empresas comerciais.
Universidades e outras institucións académicas poden participar como socios en determinados casos.

Financiamento

A contribución máxima da UE non excederá do 80% do total dos custes elixibles de cada un dos 5 proxectos seleccionados.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 EUR

Duración do proxecto

As accións comezarán entre o 1 de febreiro de 2012 e o 11 abril de 2012.
A duración dos proxectos será de 12 a 18 meses.

Data de publicación

01/09/2011

Data límite de solicitude

15/11/2011

Documentación

Contacto

Call for proposals VP/2011/012
European Commission
DG Employment, Social Affairs and Inclusion
Unit D4
B-1049 Brussels - Belgium
Email: EMPL-VP-2011-012@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante