Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2011/006: Acción preparatoria ”O teu primeiro traballo EURES”

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

Un dos efectos da actual crise económica en Europa son as dificultades coas que se atopan os mozos á hora de atopar emprego, á vista do descenso das oportunidades laborais para os mozos na metade dos Estados membros da UE.
Con esta nova acción preparatoria preténdese mellorar a mobilidade laboral dos mozos en toda Europa, compaxinando as vacantes existentes nas empresas europeas e a procura de emprego dos mozos europeos.
Pretende axudar aos mozos que buscan emprego a atopalo en calquera dos 27 Estados membros, e axudar ás empresas a atopar traballadores procedentes de calquera dos Estados membros para cubrir as súas vacantes.
” O teu primeiro traballo EURES” non se ocupará da mobilidade laboral como un fin en sí mesmo, senón máis ben como un instrumento para impulsar o desenvolvemento económico e mellorar as tasas de emprego e a empleabilidade dos mozos traballadores.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas lévase a cabo para a selección e financiación dun máximo de catro entidades do sector público ou privado que presten servizos de emprego (de maneira independiente ou en organizacións ou asociacións) dos Estados membros da UE para implementar a acción preparatoria ”O teu primeiro traballo EURES”

Eidos de actuación

Esta acción preparatoria proporcionará asesoramento na procura de emprego por parte dos mozos e no reclutamento polas empresas, dará apoio financeiro aos mozos demandantes de emprego e aos que queiran cambiar de traballo, de idades comprendidas entre 18 a 30 anos dispostos a traballar noutro Estado membro da UE e ás empresas (en particular ás pemes) para a contratación de mozos traballadores europeos.

Destinatarios

Os destinatarios desta convocatoria son as entidades públicas, privadas ou do terceiro sector cuxa función principal sexa a prestación de servizos de emprego para todo tipo de traballadores e empresas de todos os sectores económicos, legalmente emprazadas nalgún dos 27 Estados membros da UE, teñan ou non ánimo de lucro.
Ademais deben ter unha dimensión significativa, é dicir, ter presenza internacional ou traballar en coordinación con outras entidades de servizos de emprego emprazadas na UE, e poidan acreditar a súa capacidade de prestar estes servizos para a procura trasnacional de emprego.

Socios

As organizacións asociadas poderán ser do mesmo país ou de diferentes Estados membros, sempre e cando poidan garantir unha oferta de servizos trasnacional.
No caso dunha asociación de entidades, a solicitude deberá ser presentada por unha das organizacións individuais, que será a que asine o acordo de subvención coa Comisión Europea, a que a recibirá e xestionará e a que será responsable para a execución e presentación de informes á Comisión sobre o progreso da acción preparatoria.

Financiamento

A contribución financeira da UE non excederá do 95% do total dos custes elixibles das actividades propostas.
A Comisión Europea ten previsto financiar un máximo de 4 proxectos, polo que o máximo para cada un será de 1.000.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

4.000.000 EUR

Duración do proxecto

A duración dos proxectos será dun máximo de 18 meses.

Data de publicación

01/09/2011

Data límite de solicitude

20/10/2011

Documentación

Contacto

European Commission
Employment, Social Affairs and Inclusion DG
Unit C.4-Employment Services, EURES – Call for proposals VP/2011/006
Archives-Courier service J27 0/115
B-1049 Brussels (Belgium)
Email: empl-vp-2011-006@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante