Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos piloto para realizar avaluacións comparativas de impacto do Fondo Social Europeo - FSE

Programa

VARIOS: EMPREGO E ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da convocatoria é a realización de proxectos piloto que desenvolvan avaliacións comparativas do impacto (CIE) para promover o uso destes tipos de avaliacións sobre as intervencións do Fondo Social Europeo nos Estados membros.
Esta convocatoria ofrece aos participantes a posibilidade de avaliar o impacto das intervencións subvencionadas polo FSE durante o período 2007-2013, aplicando métodos cuasi-experimentais de avaliación comparativa do impacto.

Obxectivo específico da convocatoria

-Proporcionar unha evidencia sólida sobre os efectos netos (impactos) das intervencións do FSE, avaliados a partir dos proxectos piloto seleccionados;
-contribuír á posta en valor das avaliacións comparativas de impacto e do uso dos seus achados nos estados membros seleccionados;
-aumentar a capacidade dos Estados membros para implementar os CIE de maneira efectiva.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea.

Destinatarios

O solicitante debe ser un organismo dun Estado membro encargado da avaliación do FSE, ou unha entidade académica ou de investigación en consorcio co organismo mencionado. No caso de España, a Unidad Administradora del Fondo Social Europeo (UAFSE) é o organismo responsable de administrar os recursos procedentes do Fondo Social Europeo.

Financiamento

A porcentaxe máxima de financiamento establecida é o 95%, encargándose os propios promotores de cofinanciar o 5% restante. O tope máximo da subvención concedida serán 200.000€.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 0,65 M€.

Data de publicación

08/10/2013

Data límite de solicitude

29/11/2013

Documentación

Contacto

Antonella Schulte-Braucks, Xefa de Unidade, Unidade A3
empl-vp-2013-015@ec.europa.eu

Comentarios

Todas as cuestións e respostas de interese xeral serán publicadas pola Comisión en https://webgate.ec.europa.eu/swim/displayWelcome.do

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante