Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

JUST/2011-2012/DAP/AG. Previr e combater a violencia contra os menores, os mozos e mulleres e protexer ás vítimas e aos grupos en risco.

Programa

DAPHNE III

Obxectivo xeral

O programa Daphne para o período 2007-2013 ten por obxectivo contribuír a prevención e a combater a violencia contra os nenos, mozos e mulleres e para protexer as vítimas e grupos en risco.

Obxectivo específico da convocatoria

A prioridade concederase a proxectos, a gran escala que impliquen a organizacións dun significativo número de Estados membros e que ofrezan un amplo alcance e relevancia, que se centren en:
- Os dereitos das vítimas de violencia
- A violencia vinculada a prácticas lesivas
- Os nenos como vítimas e autores de violencia
- Programas para maltratadores e intervencións
- Programas de formación para profesionais en contacto coas vítimas
- Potenciar o traballo a nivel base
- Violencia nos medios, especificamente a violencia vinculada as novas tecnoloxías e as ferramentas das redes sociais.

Eidos de actuación

A protección das vítimas de violencia infantil, xuvenil e mulleres, así como a prevención da violencia nos medios de comunicación ligada as novas tecnoloxías e as ferramentas das redes sociais.

Destinatarios

Organización públicas ou privadas sen ánimo de lucro que pertenzan aos 27 Estados membros ou ben a Islandia, Noruega e Liechtenstein ( Organizacións non gobernamentais, autoridades rexionais e locais, departamentos de universidades e centros de investigación).

Socios

Como mínimo o proxecto proposto deberá de contar con dúas organización pertencentes a diferentes Estados membros.

Financiamento

A taxa máxima de co- financiamento é do 80% dos custos elixibles.
O importe mínimo do proxecto proposto ten que ser de 75.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total previsto é de 25.831.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima é de 24 meses.

Data límite de solicitude

29/03/2012

Documentación

Contacto

O e-mail de contacto é o seguinte: HOME-JUST-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante