Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

JUST/2010/DAP/OG Previr e combater a violencia contra nenos, mozos e mulleres. Protexer a vítimas e grupos de risco.

Programa

DAPHNE III

Obxectivo xeral

Apoiar a actividade de ONGs ou outras organizacións mediante subvencións operativas.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar a existencia e o funcionamento de organizacións que traballen no eido da prevención e do combate á violencia contra nenos, mozos e mulleres -incluíndo a explotación sexual e o tráfico de seres humanos-, proporcionando apoio e protección ás vítimas mediante accións que promovan o rexeitamento a dita violencia e/ou fomenten actitudes e cambios no comportamento a favor de grupos vulnerables e vítimas.

Eidos de actuación

Mediante esta convocatoria poderase solicitar cofinanciación para os seguintes ítems :

• custes de persoal -salarios máis cargas sociais, así como outros custes estatutorios incluídos na remuneración-;
• asignacións para viaxes e subsistencia;
• compra de equipamentos -novos ou de segunda man-;
• custes administrativos en xeral, incluíndo gastos fixos tales como comunicacións -teléfono, fax, internet, correo eletrónico, gastos postais-, seguros, mantemento do equipamento de oficina, consumibles e insumos, cargos bancarios, etc;
• custes derivados de outros contratos celebrados pola entidade aplicante para pór en marcha o programa de traballo.
• custes que xurdan directamente de requerimentos impostos por este acordo -en particular, custes de auditoría-, incluíndo os custes de calquera servizo financeiro -especialmente o custe das garantías financeiras-.

Destinatarios

Organizacións sen fins de lucro, asociacións de voluntarios, fundacións, ONG ou similares.

Financiamento

Ata un 80% de los custes elixibles, ata un máximo de 300.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

2.500.000 EUR

Data de publicación

09/11/2010

Data límite de solicitude

16/12/2010

Documentación

Contacto

Correo eletrónico:

JUST-DAPHNE@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante