Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

JLS/2009-2010/DAP/AG Prevención e loita contra a violencia exercida contra nenos, mozos, e mulleres, así como protección ás vítimas e grupos de risco

Programa

DAPHNE III

Obxectivo xeral

Daphne III estableceuse como parte do programa xeral “Dereitos Fundamentais e Xustiza” para contribuír a prevención e a loita contra a violencia sufrida por nenos, mozos e mulleres, á vez que se protexen as vítimas desta violencia e aos grupos en risco.

Eidos de actuación

5 son os campos prioritarios sobre os que deberán tratar as accións seleccionadas:
• Tratar a violencia doméstica e na rúa, por medio de recomendacións, campañas educativas ou intercambio de boas prácticas.
• Erradicar a violencia nos medios, por medio de programas educativos e actividades destinadas aos nenos, mozos e mulleres.
• Loita contra o maltrato físico de nenos, por medio de, por exemplo, campañas de concienciación.
• Formación de axentes da orde e avogados sobre estas materias.
• Traballo no nivel máis básico con nenos, mozos e mulleres en programas específicos pra lles dar unha maior capacidade pra se protexeren.

Destinatarios

Os destinatarios deben ser organizacións públicas ou privadas e institucións, legalmente constituídas, con sede nun dos 27 Estados membros, ou nalgún dos países do Espazo Económico Europeo e sen ánimo de lucro.

Socios

O proxecto debe ser presentado conxuntamente por cando menos, dúas organizacións de dous Estados membros. No caso de ser un solicitante do Espazo Económico Europeo, deberá contar con outros dous socios doutros dous Estados membros como mínimo.

Financiamento

O apoio financeiro da Comisión non poderá exceder do 80% dos custes totais subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria ascende até os 28.990.560€.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ter unha duración de 12 ou 24 meses.

Data límite de solicitude

30/04/2010

Documentación

Contacto

JLS-DAPHNE @ec.europa.eu

Comentarios

O importe máximo para as propostas seleccionadas é de entre 75.000 a 300.000€ para proxectos de 12 meses e de entre 150.000€ a 600.000€ para proxectos de 24 meses.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante